Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (2015) Narrativa-Xerais
Vigo. Setembro de 1972.
Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada
pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha
revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a
herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto
vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro
segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá
obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a
súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado,
trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que
unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a
primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo
da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha
fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas
libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos
seus soños.(Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario