No Lama das Quendas sempre defendemos que o encontro do noso alumnado on autores/as ten múltiples beneficios para a saúde lectora e as ansias de escribir, así que esta semana tamén temos escritor.
O próximo mércores, 7 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato terá ocasión de escoitar as palabras de Manuel Rivas.
Este narrador, poeta, periodista... chega ao noso centro grazas ao Ministerio de Educación e Cultura, tralas xestións do Departamento de Lingua Galega e coa colaboración , sempre, desta Biblioteca. Falará da escrita, leralles poemas, contestará as súas preguntas e asinará os exemplares que lle acheguen.
Será outra xornada literaria interesante!
0 comentarios:
Publicar un comentario