CONAN 4 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2011)
Eis o cuarto volume da mítica historia de Conan de Cimmeria, onde, logo das máis variadas e perigosas aventuras como ladrón, soldado, pirata e un milleiro máis de profesións, chega a se converter en monarca dun reino civilizado.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos no primeiro tomo desta colección.
Contidos:
Cravos vermellos
As xoias de Gwahlur
O fénix na espada
A cidadela escarlata
0 comentarios:
Publicar un comentario