Te levantas y piensas: «Es la guerra». Sales y encuentras en la poesía lo que necesitas. El mundo y tú dejáis de ser inseguros. Y el poema deja de ser solo lenguaje. Este libro es la poesía de un día cualquiera en tu vida. Y un día cualquiera es siempre un día especial.
29.4.24
No meu país, en Marrocos, é hshouma discutir sobre certos temas, principalmente sobre a sexualidade e o corpo, e aínda máis querer vivilos. Estas prohibicións, afirmadas polo islam e reforzadas polas leis, xeraron moitos males na miña sociedade, como a frustración e a violencia. Por desgraza, e aínda hoxe, moitos marroquís seguen convencidos de que a prohibición permite manter a paz social… Mais, onde está esta paz? Para comprender o que vivimos, propóñovos que observemos xuntos o reinado de hshouma, na súa dimensión educativa, relixiosa e política. Para romper estes tabús, dou fe aquí da miña vida como moza marroquí.
Este año, Sophie y su mejor amiga Agatha descubrirán cómo es ser alumnas de la legendaria Escuela del Bien y del Mal, donde chicos y chicas comunes reciben entrenamiento para ser héroes y villanos de cuentos de hadas. Con sus vestidos rosas, zapatos de cristal y su devoción por las buenas acciones, Sophie está convencida de que obtendrá las mejores notas en la Escuela del Bien y que, cuando se gradúe, será toda una princesa. Por otro lado, Agatha, con sus túnicas negras y deformes, un gato malvado como mascota y su antipatía por casi todo el mundo, parece estar destinada a la Escuela del Mal.
Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.
O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e todo apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución.
Cando soñar é canso é a primeira obra de Benxamín Vázquez, unha novela que o mesmo autor define como de tese, de ideas, cun trasfondo filosófico . Trátase dunha historia aberta na que o autor xoga co tempo e coas personaxes, mesturando o Mestre Mateo con Levi Strauss, Pedro Laín Entralgo ou Salvador García Bodaño. O autor crea un fabuloso soño coral no que aparecen persoaxes reais e ficticios, de onte e de hoxe, que invita a facer distintas interpretacións da trama. A todos estes elementos engádeselle un final aberto nun relato cheo de simboloxía e connotacións filosóficas e literarias que atrapan ó lector na procura do final do soño.
26.4.24
O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os ``Cantares Gallegos`` de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou ``O outro lado da música, a poesía``, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.
Na década de 1990 xorde na nosa terra unha poeta que vai conformar unha voz propia na lírica galega. Ela, Luísa Villalta, ao carón de moitas outras voces femininas, van constituír azos de aire fresco para a nosa literatura, que por fin se feminiza, ata tal punto que protagoniza unha das etapas máis fecundas e extraordinarias da poética en lingua galega.
Neste volume recóllense parte dos primeiros relatos aparecidos na prensa; neles, Kipling con mestría traza un retrato da esencia da sociedade india, as difíciles relacións entre o mundo do funcionariado inglés por un lado e o dos nativos e mestizos polo outro, e pon de manifesto a diferenza dos seus referentes culturais.
23.4.24
17.4.24
- 11:45
- Música Na Lama
- Premios, xadrez
- Comenta
Onte martes tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Torneo de Xadrez 2024".
No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Xabier Pérez Ochandategui, Arman Aimar Mirabedini Álvarez, Javier Andrés López Liscano e Víctor Luis Bouzas Rodríguez... Parabéns!!!
E mil grazas a todas as demais persoas participantes!
2.4.24
O pasado venres 22 de marzo tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2024)".
No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Noelia Areán Bernárdez (1º premio), Vanessa González Jorge (2º premio) e a Érika Fernández González, Laura Pérez Varela e Nerea Vázquez Mirás (accésits). Parabéns!!!
E mil grazas a todas as demais persoas participantes!
Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza e a Cafetaría do centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)