O pasado venres 22 de marzo tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2024)".
No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Noelia Areán Bernárdez (1º premio), Vanessa González Jorge (2º premio) e a Érika Fernández González, Laura Pérez Varela e Nerea Vázquez Mirás (accésits). Parabéns!!!
E mil grazas a todas as demais persoas participantes!
Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza e a Cafetaría do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario