Cando soñar é canso é a primeira obra de Benxamín Vázquez, unha novela que o mesmo autor define como de tese, de ideas, cun trasfondo filosófico . Trátase dunha historia aberta na que o autor xoga co tempo e coas personaxes, mesturando o Mestre Mateo con Levi Strauss, Pedro Laín Entralgo ou Salvador García Bodaño. O autor crea un fabuloso soño coral no que aparecen persoaxes reais e ficticios, de onte e de hoxe, que invita a facer distintas interpretacións da trama. A todos estes elementos engádeselle un final aberto nun relato cheo de simboloxía e connotacións filosóficas e literarias que atrapan ó lector na procura do final do soño.
0 comentarios:
Publicar un comentario