Un ano máis, o pasado venres 30 de outubro, fixemos un magosto e despois, para axudar a dixerir as castañas, houbo unha sesión de xogos populares no que participaron a maioría do alumnado de ESO. A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e coa colaboración de : Axenda Escolar 21, Dinamización Lingüística, Observatorio da Convivencia e Biblioteca. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que poidades ver o resumo desta xornada festiva.
0 comentarios:
Publicar un comentario