O Gran Reino de Eduardo Santiago (2014)
INFANTIL E
XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Premio Jules Verne de
Literatura Xuvenil 2014
O narcisismo e a marcada
competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e
cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das
súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e
vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que,
unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino
de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de
saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación
moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa
confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A
doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste
caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman
Margonia. Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu
sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada
pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.(Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario