Zapatillas rotas de Xabier Quiroga . Xerais Narrativa. (2014)
O señor Xaquín desaparece
por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os
derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo
en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se
produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras
paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que
semellaba durmida. Aínda que a lectura de “Zapatillas rotas” por veces provoque
o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de
como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa
desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. “Zapatillas
rotas” trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en
crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis
sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario