A Boca do Inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense de Jaureguizar. Sopa de libros-Xerais. (2017)
Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El
sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados.
O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co
poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento.
Soamente Tintimán, un reporteiro de 16 anos, poderá impedirllo. Conta coa axuda
do seu gato, Señor Grozni, e de Mónica, unha amiga que teima en ser a súa moza.
Tintimán vivirá unha nova aventura con amor e misterio na cidade das Burgas. (Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario