Javier Sierra foi o gañador do Premio Planeta de Novela 2017 coa súa obra titulada El fuego invisible. Mentres nos chega ás mans esta novela que, obviamente, aínda non está á venda, na Biblioteca do Lama das Quendas propuxémonos facer unha retrospectiva dos libros e autores premiados neste certame no que vai de século XXI.
No recuncho de conmemoracións, atoparedes as novelas premiadas de Alfredo Bryce Echenique, Antonio Skármeta, Lucía Etxebarria, Fernando Savater, Eduardo Mendoza, Javier Moro, Clara Sánchez, Alicia Giménez Bartlett e Dolores Redondo.
Calquera destes títulos pode darvos boas tardes de lectura. E se as ledes todas percibiredes a evolución nos gustos dos xurados deste premio.
Boas lecturas!!
0 comentarios:
Publicar un comentario