Antonio García Teijeiro vén de obter o premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil na edición do 2017 pola súa obra Poemar o mar escrita en galego. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra dun autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do país e publicada no ano anterior.
O premio ten dotación económica para o autor pero para nós, @s galeg@s, ten mérito maior pola valorización da nosa lingua.
Dende a nosa biblioteca sumámonos aos parabéns a García Teijeiro recoñecendo o seu papel na literatura galega e adicámoslle o noso recuncho de conmemoracións onde podedes atopar a bibliografía del que temos entre os nosos fondos.
0 comentarios:
Publicar un comentario