Hoxe é o Día da Biblioteca. Ese lugar cheo de libros que
conteñen historias que nos fan vivir outras vidas, poemas que
nos fan sentir , pezas teatrais que nos fan gozar… Un lugar do que , o equipo
da biblioteca do Lama das Quendas, intenta
facer un espazo vivo de lecturas
, convivencia, ocio, formación , estudio para @s usuari@s. É este un sitio no
que paga a pena estar para involucrarnos e
emocionarnos.
Para festexar esta data, durante toda esta semana, en colaboración co Club de
lectura A Quenda do Libro organizamos o tradicional mercadiño de libros para mercar
ou levar prestados exemplares que outros compañeir@s deixaron. Longa vida aos
libros!
Vivamos na biblioteca!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario