Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán. Na tradición literaria, os espellos sempre foron obxectos que redimensionan a realidade dun xeito que ningún outro recurso é quen de conseguir.
0 comentarios:
Publicar un comentario