18.12.11
16.12.11
Sabes o que é a obsolescencia? Sabías que os produtos de consumo duran cada vez menos deliberadamente?
Non te perdas este magnífico documental de Cosima Dannoritzer ‘Comprar, tirar, comprar’ que nos mostra e intenta explicar a obsolescencia programada dos produtos de consumo. Foi recoñecido como MELLOR DOCUMENTAL pola Academia da Televisión , recibiu o premio especial Maeda no Festival Japan Prize e o Ondas Internacional de Televisión 2011

12.12.11
Xosé A. Neira Cruz , Gatos y leones. Ed. Oxford. Recomendado para + de 12 anos.
Polas vellas rúas e polas tranquilas canles de Venecia, móvense uns curiosos seres envolvidos en aires de misterio. Adoptan a forma de gatos, pero hai quen di que en realidade son leóns. Todos teñen un segredo que contar, unha historia que pode chegar, enviada polo mar, a calquera das nosas praias dentro dunha botella de cristal.

5.12.11
Roca Perich, Maria Merc. Kenitra. Anaya. A partires de 14 anos
Adrià encontra a súa avoa paterna morta no salón da súa casa. A primeira impresión que nos seus quince anos produce este macabro descubrimento transfórmase na esperanza de reencontrarse co seu pai, que abandonou á familia hai unha década. Ao non aparecer no enterro, o mozo sente unha necesidade irrefreable de buscalo, coñecelo e saber por que marchou; uns sentimentos que negou todos estes anos. A súa nai revélalle que o seu pai vive en Kenitra, un porto fluvial de Marrocos, e o mozo viaxará ata alí traballando como axudante de cociña nun buque de carga.
28.11.11
Elvira Lindo, El otro barrio. Alfaguara.
Neste libro de Elvira Lindo baséase a película do mesmo nome e que dirixiu Salvador García Ruiz.
Un terrible suceso ocasiona a morte de dúas persoas e deixa malferidas outras dúas. No suceso está implicado un mozo de quince anos que se considera inocente. O azar xogoulle unha mala pasada e agora deberá pasar un tempo nun centro de menores.
24.11.11
20.11.11
María Gripe, Los escarabajos vuelan al atardecer. Ed. SM. Recomendado a partires de 13 anos.
Cando tres rapaces se fan cargo dunha casa deshabitada non se imaxinan o gran misterio que lles agarda no faiado, o que dará comezo a unha serie de intrigantes aventuras. Unha trepidante novela que transporta a un mundo de amores tráxicos e descubrimentos sorprendentes.
18.11.11
16.11.11
Avatar. (James Cameron)
Ano 2154. Jake Sully, un ex-marine condenado a vivir nunha cadeira de rodas foi designado para ir a Pandora, onde algunhas empresas están a extraer un mineral estraño que podería resolver a crise enerxética da Terra. Para contrarrestar a toxicidade da atmosfera de Pandora, creouse o programa Avatar, grazas ao cal os humanos "condutores" manteñen as súas conciencias unidas a un avatar: un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode sobrevivir no aire letal.
14.11.11
Este curso estase a poñer en marcha o club de lectura do IES Lama das Quendas de Chantada. É moi importante que vos animedes a participar, non vos roubará moito tempo pero si que vos dará a satisfacción de compartires cos outros compañeiros as impresións do libro que se leu. Tentamos que se faga un club de lectura de profesores e se os pais/nais vos animades tamén nos gustaría facer un. Se tedes calquera dúbida sobre o funcionamento destes clubs de lectura podedes pasar polo centro e tentaremos aclarárvolas. Estase, tamén, buscando un nome e unha mascota para o club. As bases están publicadas nos taboleiros do centro e dende aquí animámosvos a participar. Para máis información entrade no blogue do club de lectura.
13.11.11
Unha compañeira de clase, do grupiño das Corpos Dez, desaparece. O pai da rapaza ofrécelle a Flanagan unha cantidade considerable de diñeiro para que descubra se a súa filla está ben. Nesta aventura, Flanagan enfróntase coa enérxica Blanca, é asediado por Vanesa e perseguido por un Charcheneguer disposto a converterse no seu mellor amigo. Asustado ao descubrir cousas que talvez tivese preferido non saber nunca, o único que lle faltaba era que o seu propio pai lle encargase outro caso.
9.11.11
Cres que tes algún defecto? Preocúpache a túa aparencia física? Pensas que todos son máis afortunados ca ti? Non fagas de pequenas cousas grandes problemas e fíxate como con gañas e con vontade se poden superar os problemas de verdade. Aconsello que vexades este pequeno vídeo e que reflexionedes sobre o importante que é a actitude ante a superación de grandes problemas. Agardo que despois de que o vexas desapareceran esas cousiñas que ti chamas problemas e que afrontes a vida con máis optimismo e afán de superación.
7.11.11
Miguel Mª Astrain,La reina de los piratas. Ed. Oxford. Recomendado para máis de 12 anos.
Isabel, orfa de nai e afeita a navegar xunto ao seu pai, foxe da abordaxe do cruel Brazo de Ferro e capitanea unha nave de auténticos filibusteiros. Coa súa intelixencia e a súa coraxe tratará de rescatar ao seu pai, prisioneiro do máis sanguinario pirata do Caribe. Pero, na súa aventura, Isabel non está soa; conta con tres aliados incondicionais, que, ademais, están perdidamente namorados dela.

6.11.11
Rocio Rueda. El brazalete mágico, Ed. Oxford.
Lara pasa as vacacións en Atenas para visitar o seu pai, que se encontra na cidade grega traballando nunha escavación. Facendo turismo, Lara entra nunha tenda de antigüidades na que un misterioso ancián lle regala un brazalete. Ese brazalete conectará a Lara cun dos segredos mellor gardados da humanidade, o da poderosa espada coa que loitou Alejandro Magno e con Elisa, unha das sacerdotisas de Atenea na antiga Grecia.

2.11.11
Alicia Borrás Sanjurjo. Nata y chocolate . Anaya, 2010.
Un fermoso libro sobre a discriminación e o acoso escolar. Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo a obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece decatarse ata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia.

1.11.11
O libro de Michel Onfray, Antimanual de filosofía trata cuestións que estruturan temas básicos dun curso de filosofía. Un manual no que directamente se reivindica a subxectividade do propio autor considerando que a obxectividade non existe. Por iso é moi probable que a subxectividade do lector se active, se vexa provocada e se enfronte á subxectividade do autor. Certamente, o libro contén afirmacións desafiadoras que conducen a unha toma de posición e reflexión persoais.
" Que é o home? ", " Como vivir xuntos? " e " Que podemos saber? " son as tres preguntas entorno ás cales se estrutura o libro. Agora ben, unhas preguntas xerais que conteñen apartados con subpreguntas como por exemplo: " Comestes nunca carne humana? ", " Por que o voso instituto está construído como un cárcere? ", " A policía existe por amargarnos a vida? " "Se tivésedes enganado ao(a) voso(a) noivo(a), diriádesllo? ". Estas preguntas e outras polo estilo, dan pé a falar sobre a natureza, a arte, a técnica, a liberdade, a conciencia, a razón... E a cada resposta, o autor incorpora unha selección de textos sobre o tema tratado.

26.10.11
Mar Cole, La última jungla. Ed. Oxford. Recomendado para + de 12 anos.
Unha adolescente e a súa nai brasileira, recentemente viúva, viaxan dende Nova York a Belén, unha pequena cidade de Brasil, pois a nai conseguiu un traballo alí. A rapaza está e non está convencida desa estanza que se pode prolongar máis dun ano. Alí coñecerá os nenos da noite, pequenos abandonados que viven na selva, protexidos por un sacerdote, e que tratan de escapar dun facendado que os explota nas súas minas de xeito escravista. A estanza en Belén supoñerá para a rapaza unha maduración na súa visión do mundo, un cambio na relación coa súa nai e a aceptación, en parte, da morte do pai.

24.10.11
Chegou á biblioteca un dos filmes que máis candidaturas tivo aos Oscar de 2010 (8 candidaturas) e que finalmente levou tres galardóns: Mellor guión, montaxe e banda sonora.
Non perdas a oportunidade de ver esta película que agora poñemos á túa disposición.
"The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular red social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A Súa lenda reza: "Non se fan 500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos."
Título orixinal: The social Network ( EEUU, 2010), dirixida por David Fincher.

21.10.11
Xa temos aquí unha nova aventura de Xenaro. Xenaro e a hucha do indiano. Mar Guerra. Ed. Xerais.
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.

20.10.11
Cinco cuentos sobre Velázquez, Oxford, 2010.
É un libro bastante interesante no que cinco autores habituais no campo da LIX crean cinco historias para cinco cadros de Velázquez. Nestas historias hai mestura de fantasía e realismo con algúns toques de misterio e aventuras. Nel podemos atopar contos de: Eliacer Cansino, Joan Manuel Gisbert, Xosé A. Neira Cruz, Daniel Nesquens e Xabier P. Docampo.

17.10.11
Mirjam Pressler. Chocolate amargo. Anaya, 2009.
Chocolate amargo é a historia dunha adolescente cohibida co seu físico, sufocada por un pai autoritario, afastada dos seus compañeiros de instituto... Os problemas dunha rapaza de quince anos que, como moitas outras, está chea de inseguridades e medos, aos que debe enfrentarse con todas as súas forzas. Encontrarémonos cos pasos que a moza Eva dá na súa aprendizaxe cara á idade adulta, cara ao momento de aceptarse a si mesma como unha persoa con virtudes e defectos.

12.10.11
Alcolea, Ana. Donde aprenden a volar las gaviotas. Ed. Anaya. Recomendado a partires de 12 anos.
Arturo pasa as súas vacacións de verán en Noruega co seu amigo Erik. A casa na que viven aséntase sobre os alicerces dun campo de concentración nazi da Segunda Guerra Mundial. Un día, mentres cavan un burato no xardín para plantar unha árbore, encontran unha caixa de metal, pechada a cal e canto. A investigación para coñecer o seu contido levará os mozos a unha afastada cabana no medio das montañas, a unha vella casa de pescadores na fría e agreste costa norte de Noruega, e ao pasado misterioso da enigmática avoa de Erik.
A filla do ladrón de bicicletas» de Teresa González Costa, premio Merlín 2010
A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.3.10.11
- 12:09
- Alfonso Fernández
- Cine
- Comenta
Xa podes dispor de Pa Negre de Agustí Villaronga, triunfadora dos Goya 2011 con nove galardóns entre eles ao mellor filme 2010 e candidata española aos Oscar. Baseada na novela homónima de Emili Teixidor, conta os duros anos da posguerra en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa un día no monte os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren culpar ao seu pai pero el, para axudarlle, tenta descubrir quen os matou. Neste intento, prodúcese en Andreu o despertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces y acaba descubrindo ao monstro que habita nel.
Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos
Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos
28.9.11
Xa se están ultimando os preparativos para o intercambio co Hjørring Gymnasium de Dinamarca que se levará a cabo entre os días 2 ao 12 de outubro. Neste intercambio participarán 20 alumnas e 7 alumnos do instituto danés que virán acompañados por profesorado do centro. Este alumnado ven a coñecer a zona tanto a nivel cultural como económico, polo que se desprazarán pola comarca e tamén aproveitarán a viaxe para coñecer distintos puntos da comunidade autónoma.
22.9.11
Xa tes a túa disposición a primeira parte de "Harry Potter y las reliquias de la Muerte" é a penúltima película da saga de Harry Potter. Estreouse o 19 de novembro de 2010. Harry deberá por fin ao reinado de Lord Voldemort. No episodio final da saga, o feiticeiro de 17 anos parte xunto cos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley nunha perigosa viaxe por Inglaterra para encontrar os obxectos que conteñen os fragmentos da alma do Señor Tenebroso, os cales garanten a súa lonxevidade. Pero o camiño non será doado pois o lado escuro adquire máis poder con cada minuto que pasa e as lealdades serán postas a proba. Harry deberá usar todos os coñecementos que grazas a Dumbledore adquiriu sobre o seu inimigo para poder encontrar a forma de sobrevivir a esta última aventura.
Que a gocedes.
Que a gocedes.
18.9.11
13.9.11
30.6.11
Rematou o curso 2010-2011 e aquí podedes ver algunhas actividades do día 23 de xuño que nos ofrece televinte. Dende a biblioteca queremos desexarvos unhas felices vacacións e tentaremos volver o vindeiro curso para seguir informando de todas as actividades do centro. Lembrade que o verán e para gozar, tamén lendo.
7.6.11
3.6.11
1.6.11
31.5.11
30.5.11
Hoxe pola mañá tivo lugar no salón de actos do instituto o encontro cos poetas Leonardo Fernández Campo e Verónica Martínez Delgado, aquí vos mostramos unhas imaxes deste encontro e animámosvos a que participedes en todas as actividades programadas para esta semana. Lembrade que o xoves no recreo teremos un obradoiro de poesía na biblioteca.
28.5.11
Do 30 de maio ao 3 de xuño celébrase a semana da poesía 2011. O vindeiro luns día 30 no salón de actos do instituto os poetas Leonardo Fernández Campo e Verónica Martínez Delgado, falarán sobre as súas obras. De 10:25 a 11:15 será para o alumnado e 1º de ESO, 2º B de ESO, 4º B de ESO e 1º A de BAC. De 12:35 a 13:25 para o resto de cursos.
O Leo e Arremecághona |
Verónica Martínez |
20.5.11
Este é un traballo que xorde da colaboración de 96 bibliotecas escolares galegas. Aquí amosámosvos unha escolma dos libros salvados polos IES entre os que se atopa o noso centro. O noso agradecemento ás bibliotecas escolares do IES Luis Seoane de Pontevedra e da Escola Unitaria de Vide pola coordinación desta actividade.
12.5.11
4.5.11
2.5.11
- 10:12
- Alfonso Fernández
- Comenta
Un fermoso vídeo de Manuel Singala que nos achega ás linguas minoritarias.
14.4.11
Visita dos alumnos de 4º de ESO e de 2º de BAC á localidade de Riotorto e A Pontenova o pasado 12 de abril para ver as ferrerías e mazos que, nos séculos XVI e XVII, cobraron pulo e caracterizaron industrialmente á localidade, e incrementaron a conseguinte actividade mineira. Tamén se visitaron os fornos de A Pontenova.
Aquí podedes ver algunhas imaxes desta visita.
Aquí podedes ver algunhas imaxes desta visita.
7.4.11
Enviado por Isabel Alcántara.
Hola a todos los visitantes del blog de nuestra biblioteca. Aquí tengo para vosotros un nuevo libro que recomendaros: su título es El juego de Ender y lo podéis encontrar en Ediciones B. Estamos ante uno de los títulos de ciencia ficción más leídos de los últimos tiempos. Desde que fue publicado por primera vez en EEUU (1973) no ha hecho más que conquistar lectores en todos los países en que fue leído, por diferentes que fuesen sus culturas, incluyendo España desde luego, donde no se sabe muy bien por qué, la opinión "oficial" es que la ciencia ficción no nos gusta porque como todo lo que cuenta es mentira y está ambientada a menudo en un futuro que no existe y hay una extraña tecnología y naves espaciales y si me apuras hasta hay extraterrestres...¿cómo van a ser estos libros obras de interés o de calidad que conviene tener en cuenta?...Habría que preguntarles a estos críticos instalados en el realismo por qué entonces desde su publicación en España en 1993 ha habido reedición tras reedición tras reedición; alguien las habrá comprado, supongo. La Literatura es muy grande y todo tiene cabida en ella.

5.4.11
La ola, película basada en la novela de Morton Rhue, e inspirada en un hecho real que tuvo lugar en un instituto de California en 1967,nos sitúa en la Alemania actual.
Durante una semana de proyectos, al profesor Rainer Wenger, un profesor diferente a la idea que se suele tener del profesor, le toca, en contra de su voluntad, enseñar a los estudiantes de su clase el tema de la autocracia como forma de gobierno. Los estudiantes se muestran escépticos ante la idea de que pudiera volver una dictadura como la del Tercer Reich en la Alemania de nuestros días y creen que ya no hay peligro de que el nacinalsocialismo vuelva a hacerse con el poder.
Para demostrar a sus alumnos lo fácil que es manipular a las masas, el profesor Rainer comienza un experimento que acabará con trágicos resultados. Lo que se había iniciado como un juego en el que se defendían una serie de ideas inofensivas como el comportamiento, la disciplina y el sentimiento de comunidad se irá convirtiendo con el paso de los días en un movimiento real bautizado por los alumnos como “La Ola ”. Cuando el conflicto rompe en violencia durante un partido de waterpolo, el profesor decide no seguir con el experimento, pero ya es demasiado tarde, la ola se ha descontrolado llevándose por delante el concepto de amistad, el matrimonio del profesor y la vida de un joven.
La ola es, en cierto modo, una película didáctica para hacer reflexionar a los jóvenes sobre los comportamientos de las masas. Lo que intenta transmitir y lo consigue es que todos tenemos un grado de intolerancia ante determinadas actitudes y que la violencia en grupo sale “a flote”.
Comentario de Araceli Gómez
Comentario de Araceli Gómez
4.4.11
Trátase da sexta entrega da serie "Los Hijos de la tierra ". Unha novela que nos introduce no mundo prehistórico a través da emocionante viaxe de Ayla pola Europa cuaternaria.
Nesta serie de novelas Auel achéganos o xeito de vida prehistórico con grande rigor científico adornándoo cunha extraordinaria imaxinación. Preséntanos unha trama na que unha nena cromañón é adoptada por unha tribo neandertal con toda a problemática que isto leva . Como as diferenzas eran tan grandes e ante o perigo que corre comeza o percorrido por toda a Europa cuaternaria na busca dos seus iguais.
Para mergullarte neste fascinante mundo non dubides en vir a biblioteca e poderás ler calquera dos títulos da serie: El clan del oso cavernario , El valle de los caballos , Los cazadores de mamuts, Las llanuras del tránsito, Los refugios de piedra ou a tan agardada La tierra de las cuevas pintadas.
Para máis información:
http://www.loshijosdelatierra.com/
22.3.11
14.3.11
APROVEITA AS TÚAS HABILIDADES DESEÑA UNHA MASCOTA PARA A TÚA BIBLIOTECA.
BASES:
1- PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA MEMBRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
2- OS TRABALLOS TERÁN QUE SER ORIXINAIS E IRÁN ACOMPAÑADOS DO NOME DA MASCOTA.
3- A TÉCNICA SERÁ LIBRE, PODENDO SER: DEBUXO, PINTURA, CERAS, ACUARELA…( Non se admitirán traballos feitos con medios dixitais)
4- O PREMIO SERÁ UN LOTE DE MATERIAL ESCOLAR VALORADO EN 30€
5- OS TRABALLOS PRESENTARANSE NA BIBLIOTECA EN SOBRE PECHADO E SEN NINGUNHA IDENTIFICACIÓN EXTERIOR. DENTRO IRÁN O DESEÑO CO NOME DA MASCOTA E NUN SOBRE PEQUENO O NOME DO AUT@R, CURSO E NOME DA MASCOTA QUE PROPÓN.
6- O PLAZO DE PRESENTACIÓN É ATA O 12 DE MAIO.
(No caso de que o xurado considere que os traballos non teñen a calidade suficiente o premio poderá declararse deserto)
11.3.11
1.3.11
EQUIPOS DE TURRA-SOGA E PANO
Cada clase ten que escoller dous equipos mixtos de cinco persoas (a ser posible, diferentes), un para a competición de turra-soga, e outro para o de pano.
Mediante quendas eliminatorias decidiranse os equipos que pasan de fase (na competición de turra-soga farase ao mellor de tres), seguindo a seguinte estrutura:
Liga de 1 ESO
1ESOA vs 1ESOB
1ESOA vs 1ESOC
1ESOB vs 1ESOC
Liga de 2 ESO
2ESOA vs 2ESOB
Liga de 3 ESO
3ESOA vs 3ESOB
3ESOA vs 3ESOD
3ESOB vs 3ESOD
Liga de 4 ESO
4ESO A vs 4ESO B
Liga de 1BACH
1BACHA vs 1BACHB
Liga de 2BACH
2BACHA vs 2BACHB
En 1º e 3º de ESO teranse en conta os resultados parciais para evitar posteriores empates.
Na segunda quenda, enfrontarase os vencedores de cada liga do seguinte xeito:
1ESO vs 2ESO
3ESO vs 4ESO
1BACH vs 2BACH
E por último, farase unha competición final entre os tres grupos que queden, decidíndose os tres primeiros postos.
A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:
1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos
Por participar cada clase terá 5 puntos.
COMPETICIÓN DE CHAVE
A competición de chave será individual (non poden coincidir cos equipos de turra-soga e pano), e farase o calendario segundo o número de participantes.
A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:
1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos
Por cada alumno que participe, a súa clase recibirá 1 punto.
PARA ANOTARSE, AVISAR A JUAN MANUEL VÁZQUEZ ANTES DO XOVES 3 DE MARZO (ESTE INCLUSIVE).
24.2.11
Hoxe remata a visita dos/as alumnas do instituto danés Hjørring Gymnasium : Cathrine, Frederik, Majbrit, Marlene, Stine e Vinnie e das dúas profesoras que os/as acompañan. Levan dende o luns entre nós ensinandolles aos alumnos de 4º de ESO danés e recibindo clases de galego, castelán, inglés etc. Estas clases foron valoradas como moi positivas, tanto polo noso alumnado como polo visitante. A visita deste grupo de alumnos/as tivo como obxectivo a preparación dun futuro intercambio co noso Instituto e que agardamos se leve a bo fin. Proximamente seguiremos amosándovos as esperiencias deste encontro polo que vos animamos a que nos contedes as vosas impresións sobre este intercambio.
11.2.11
Enviado por Isabel Alcántara.
Hola a todos.
Aquí estoy otra vez para hablaros sobre esa nueva serie que la HBO estrenará probablemente en abril. Su título es Juego de tronos (A Games of Thrones) y está basada en la serie de libros de George R.R. Martin (cuatro hasta el momento y el quinto casi listo para ser publicado) que recibe el nombre genérico de Canción de hielo y fuego. Todos ellos de la editorial Gigamesh. Los otros se titulan Choque de reyes, Tormenta de espadas y Festín de cuervos. Están también en Círculo de Lectores.
Estos libros pertenecen más al ámbito de la literatura fantástica que al de la ciencia ficción, aunque a veces resulta difícil establecer la frontera entre uno y otro. Creo que en los últimos años, bajo el nombre de literatura fantástica, se han publicado numerosas obras de dudosa calidad: en mi opinión, para crear una narración de este tipo no basta con incluir espadas, dragones, magia, reinos y batallas y ya está, todo vale. Los lectores no son tontos, ni se les puede dar cualquier cosa pensando que todo sirve, que una novelita que incluya esos tópicos por fuerza va a satisfacer a los aficionados al género. Porque, precisamente, los verdaderos aficionados a la literatura fantástica suelen ser exigentes...y bastante entendidos. Y les gusta, nos gusta la calidad.
9.2.11
Data de celebración:4 de Marzo de 2011
1ª XURADO: estará composto por profesorado, algún pai e/ou nai, alumnado e persoal non docente; solicitamos voluntarios interesados (comunicalo en Dirección).
2ª PUNTUACIÓN: o xurado cualificará de 0 a 5 puntos, ata acadar un máximo de 30, atendendo aos seguintes criterios:
· creatividade e orixinalidade dos disfraces
· esforzo invertido no traballo
· representación, coreografía, música, letras, etc.)
· participación visíbel de todo o grupo (mesmo coa intervención dos titores e titoras)
· reutilización de materiais usados
· limpeza e orde na aula
3ª A puntuación obtida por esta actividade será acumulábel para o concurso “a aula+sostíbel”, dado que hai importantes compoñentes relacionados coa participación e colaboración entre o alumnado e o relativo ao orde e limpeza da aula.
4ª Para evitar que interpreten mal o sentido da actividade transmitirémoslle ao alumnado a obriga de non traer ningún obxecto nin material relacionado co entroido (utilizado para a preparación da súa comparsa) ata o mesmo día da actividade (venres 4 de marzo). Asimesmo, fóra da hora de titoría (se o titor ou titora decide aproveitar esa sesión para isto) non se tratará este tema ata ese día. Os alumnos que queiran falar de como organizalo, repartir tarefas anticipadamente, etc., que o fagan nos recreos e fóra das horas de clase.
5ª Calquera problema que a xuízo do xurado altere o normal desenvolvemento da actividade, como que un alumno deixe un baño sucio ou se produza algún deterioro, suporá a descalificación dese grupo. Se a falta se considera grave restaránselle 10 puntos do concurso.
6ª Quedarán excluídas do concurso aquelas persoas que boicoteen o normal desenvolvemento do mesmo.
7ª Todos os participantes no concurso, comprométense a aceptar as presentes Bases, así como o criterio interpretativo do xurado cuxa decisión será inapelábel e a renunciar a calquera tipo de reclamación ao respecto.
1.2.11
Podréis ir a Oxford de 2051. Tendréis que encerraros en las dependencias de la Universidad o en el hospital y no salir hasta que todo termine. Es Navidad y todas las campanas de la ciudad tocan villancicos. Y estaréis en peligro.
Podréis ir a los alrededores de Oxford en la Edad Media. Pocas cosas serán como esperabais que fuesen, como os dijeron que serían. También es Navidad y oiréis muchas campanas, más de las que quisierais. Y estaréis en peligro.
Quizás a algunos la parte final de este libro os conmueva. Es un libro amable y hasta divertido, pero su título, El libro del día del juicio final está bien puesto, como veréis. Ha ganado los tres premios mayores de la ciencia ficción en lengua inglesa: Hugo, Nébula y Locus. Y su autora es una escritora muy prestigiosa en este ámbito. Ojalá os guste.
Si vais de viaje de estudios con Kivrin, no os quedéis allí...y traedla de vuelta a casa.
CONNIE WILLIS. El libro del día del juicio final. Ed. La factoría de ideas.
Enviado por: Isabel Alcántara
Kivrin es una estudiante de Historia en la Universidad de Oxford. Su pasión es la historia medieval y lleva dos años preparándose con su tutor, el señor Dunworthy, para su viaje de estudios: ha aprendido a hacer fuego, latín, a montar a caballo, a cocer pan, primeros auxilios, costumbres en la mesa, hierbas medicinales, inglés medieval y todo lo imaginable. Hasta tiene la identidad falsa de una mujer que realmente existió en aquella época.
Lo necesitará, pues en el Oxford del año 2051 es posible viajar en el tiempo y si uno quiere estudiar la Edad Media, va a la Edad Media. Dunworthy (que en realidad es especialista en el siglo XX) no aprueba este viaje, porque la Edad Media tiene un diez en el baremo de peligrosidad: guerras, inestabilidad política, peste, cólera y tifus, supersticiones, quemas de herejes, violaciones, bandidos...Pero nada hará a Kivrin desistir de su viaje a 1320.
Naturalmente, algo va a pasar. En el 2051 y en ese 1320 ocurrirá algo con lo que nadie contaba.
Podréis ir a Oxford de 2051. Tendréis que encerraros en las dependencias de la Universidad o en el hospital y no salir hasta que todo termine. Es Navidad y todas las campanas de la ciudad tocan villancicos. Y estaréis en peligro.
Podréis ir a los alrededores de Oxford en la Edad Media. Pocas cosas serán como esperabais que fuesen, como os dijeron que serían. También es Navidad y oiréis muchas campanas, más de las que quisierais. Y estaréis en peligro.
Quizás a algunos la parte final de este libro os conmueva. Es un libro amable y hasta divertido, pero su título, El libro del día del juicio final está bien puesto, como veréis. Ha ganado los tres premios mayores de la ciencia ficción en lengua inglesa: Hugo, Nébula y Locus. Y su autora es una escritora muy prestigiosa en este ámbito. Ojalá os guste.
Si vais de viaje de estudios con Kivrin, no os quedéis allí...y traedla de vuelta a casa.
CONNIE WILLIS. El libro del día del juicio final. Ed. La factoría de ideas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)