26.10.11

 Mar Cole, La última jungla. Ed. Oxford. Recomendado para + de 12 anos.

Unha adolescente e a súa nai brasileira, recentemente viúva, viaxan dende Nova York a Belén, unha pequena cidade de Brasil, pois a nai conseguiu un traballo alí. A rapaza está e non está convencida desa estanza que se pode prolongar máis dun ano. Alí coñecerá os nenos da noite, pequenos abandonados que viven na selva, protexidos por un sacerdote, e que tratan de escapar dun facendado que os explota nas súas minas de xeito escravista. A estanza en Belén supoñerá para a rapaza unha maduración na súa visión do mundo, un cambio na relación coa súa nai e a aceptación, en parte, da morte do pai.

24.10.11

Chegou á biblioteca un dos filmes  que máis candidaturas tivo aos Oscar de 2010 (8 candidaturas) e que finalmente levou tres galardóns: Mellor guión, montaxe e banda sonora.
 Non perdas a oportunidade de ver esta película que agora poñemos á túa disposición.
"The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular red social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A Súa lenda reza: "Non se fan 500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos."

Título orixinal: The social Network ( EEUU, 2010), dirixida por David Fincher.


21.10.11

Xa temos aquí unha nova aventura de Xenaro. Xenaro e a hucha do indiano. Mar Guerra. Ed. Xerais.
 A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano. 

20.10.11

Cinco cuentos sobre Velázquez, Oxford, 2010.
É un libro bastante interesante no que cinco autores habituais no campo da LIX crean cinco historias para cinco cadros de Velázquez. Nestas historias hai mestura de fantasía e realismo con algúns toques de misterio e aventuras. Nel podemos atopar contos de: Eliacer Cansino, Joan Manuel Gisbert, Xosé A. Neira Cruz, Daniel Nesquens e Xabier P. Docampo.

17.10.11

Mirjam Pressler. Chocolate amargo. Anaya, 2009.
 Chocolate amargo é a historia dunha adolescente cohibida co seu físico, sufocada por un pai autoritario, afastada dos seus compañeiros de instituto... Os problemas dunha rapaza de quince anos que, como moitas outras, está chea de inseguridades e medos, aos que debe enfrentarse con todas as súas forzas. Encontrarémonos cos pasos que a moza Eva dá na súa aprendizaxe cara á idade adulta, cara ao momento de aceptarse a si mesma como unha persoa con virtudes e defectos.

12.10.11


Alcolea, Ana. Donde aprenden a volar las gaviotas. Ed. Anaya. Recomendado a partires de 12 anos.
Arturo pasa as súas vacacións de verán en Noruega co seu amigo Erik. A casa na que viven aséntase sobre os alicerces dun campo de concentración nazi da Segunda Guerra Mundial. Un día, mentres cavan un burato no xardín para plantar unha árbore, encontran unha caixa de metal, pechada a cal e canto. A investigación para coñecer o seu contido levará os mozos a unha afastada cabana no medio das montañas, a unha vella casa de pescadores na fría e agreste costa norte de Noruega, e ao pasado misterioso da enigmática avoa de Erik.

A filla do ladrón de bicicletas» de Teresa González Costa, premio Merlín 2010

  A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.

3.10.11

Xa podes dispor de Pa Negre de Agustí Villaronga, triunfadora dos Goya 2011 con nove galardóns entre eles ao mellor filme 2010 e  candidata española aos Oscar. Baseada na novela homónima de Emili Teixidor,  conta os duros anos da posguerra en Catalunya, Andreu, un neno que pertence ao bando dos perdedores, atopa un día no monte os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren culpar ao seu pai pero el, para axudarlle, tenta descubrir quen os matou. Neste intento, prodúcese en Andreu o despertar dunha conciencia moral fronte a un mundo de adultos alimentado polas mentiras. Para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces y acaba descubrindo ao monstro que habita nel.


Pan negro - Trailer por TrailersyEstrenos

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)