30.3.12

Xa temos o segundo vídeo da campaña  E ti...?

28.3.12



          Reimóndez M. Lía e as zapatillas de deporte. Xerais + de 9 anos. 2008.


        As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto. 

26.3.12

Antonio García Teijeiro, Na fogueira dos versos. Xerais. Máis de 11 anos.
 Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza...), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.

23.3.12

22.3.12






Xa podemos gozar do filme de Enrique Otero Crebinsky. Unha película galega que non para de recoller premios e que agardamos que vos guste.





20.3.12



        Iniciamos aquí a aventura manga, agardamos que vos guste e que veñades á biblioteca para vos mergullar neste mundo.
Naruto, Masashi kishimoto. Glénat
       Non te perdas as espectaculares aventuras do guerreiro máis famoso do universo manga, Naruto Uzumaki, que para chegar a Hokage, o máximo grao ninja, ha de aprender a manter o control dos seus incribles poderes.

19.3.12


Reimóndez M. Pirata. Narrativa, Xerais. 2009.
       A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata. Mais se cadra a súa busca non está completa, se cadra aínda lle queda moito por contar. Na súa historia falta aínda a coraxe de Anne Bonney e as preguntas que nin sequera Madame Ébano foi capaz de contestar. Están todas aínda abertas no mar. Pirata de María Reimóndez é unha novela que fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida. 

16.3.12

Rosa Aneiros, Resistencia. Narrativa, Xerais. 2002.
 Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias.

15.3.12

Alfaya. A, Vía secundaria. Narrativa, Xerais. Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010 
          Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa da curva; Hilario, mecánico nun taller do polígono, desconcertado pola súa incapacidade para dar explicacións atinadas sobre os feitos. Vidas en vía secundaria sometidas ás faenas do destino. Vidas anónimas, tecidas por perdedores do noso tempo que agardan polo seu paquete de felicidade. Un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.

14.3.12

Anxo Fariña, Os megatoxos e a cara oculta da lúa.Sopa de libros, Xerais 2011.

          Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos

13.3.12

       Un filme dirixido por Danny Boyle gañador de oito premios Oscar, catro globos de ouro, sete premios BAFTA e o Goya á mellor película europea entre outros.





           Jamal Malik, un mozo orfo que vive nunha barriada pobre de Bombay, decide presentarse á versión india do concurso: " Quen quere ser millonario? ". Ante a sorpresa de todos, Jamal responde correctamente a todas e cada unha das preguntas. Como é posible que un rapaz como el sexa capaz de coñecer todas as respostas? Cando Jamal está a punto de responder á última pregunta, a que lle fará gañar 20 millóns de rupias, a policía  deténo e levao para interrogalo. Jamal deberá explicar por que coñecía as respostas, tendo que recorrer para iso a relatar diferentes momentos...


12.3.12

X.H.Rivadulla Corcón, O noso amor será eterno. Fora de xogo, Xerais 2011.

O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Sentiron que querían estar abrazados, cada un habitar nos brazos do outro, comprenderon que nada na vida tería sentido se non a vivían xuntos, xuraron que seguirían unidos, pasase o que pasase. Buserán prometeulle que a forza do seu amor non sería inútil e Frolinda aseguroulle que o seu amor sería eterno. Rocío e Ramón, veciños da mariñeira vila de Muxía, ese mascarón de proa da vella Europa, coñecerán no acantilado da furna Buserana a fermosa pero tráxica historia de amor eterno entre aquel trobador e a súa namorada.

9.3.12

Seguindo cos cadros de Velázquez presentámosvos o conto feito por Alba Conde de 2º A de ESO baseado no lenzo "Vieja friendo huevos"

             Me llamo Alba. Estaba con unas amigas esquiando en Andorra, en la excursión de Navidad.Y de pronto, no me di cuenta de que había un obstáculo en la pista, una piedra. En esos desafortunados segundos me caí y me quedé inconsciente. En un momento, me encontré en el siglo XVII.
Cuando recuperé la consciencia, me encontraba en una cama incómoda. Hacía frío. Mientras pensaba en dónde podía encontrarme, entró por una puerta de madera rota y desgastada una señora con una ropa extraña. Estaba entrada en años y me pareció que me miraba de forma rara. Entonces, me habló:
-Hola pequeña. ¿Cómo te llamas?- No respondí, siempre me habían dicho que no hablara con desconocidos.
¿De dónde has sacado esa vestimenta tan extraña? - dijo la señora. Pensé: "¿Por qué le parecerá extraña mi ropa? Simplemente llevo unos vaqueros y un polar. La suya si que es extraña. Pero como una tonta, lo único que se me ocurrió decirle fue..."
- De...mi armario. - Ella se quedó confundida. con esa contestación, normal...
Entonces, le pregunté -¿Dónde estamos?

7.3.12

Jaureguizar, Corazón de Chocolate Un misterio para Tintimán en Compostela. Xerais, Sopa de libros. 2010
 

        Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

5.3.12


Haddon, Mark.El curioso incidente del perro a medianoche.  Salamandra.


Aos seus quince anos, Christopher coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507, pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Se ben nunca foi só máis alá da tenda da esquina, a noite que o can dunha veciña aparece atravesado por unha  forcada, Christopher decide iniciar a busca do culpable. Emulando o seu admirado Sherlock Holmes -o modelo de detective obsesionado coa análise dos feitos-, as súas pescudas levarano a cuestionar o sentido común dos adultos que o rodean e a desvelar algúns segredos familiares que poñerán patas arriba o seu ordenado e seguro mundo.

2.3.12

 Presentámosvos un conto escrito por David Otero de 2º B de ESO despois da lectura do libro Cinco cuentos sobre Velázquez e baseado no famoso cadro Vieja friendo huevos. Agardamos que vos guste e que sigades facendo colaboracións.
Mi abuela en un cuadro
Era un día espléndido, no creo que pudiera ser ni más soleado ni más claro. no había ni una sola nube en el cielo en aquella mañana tan especial de mi vida.
Digo que fue especial porque fue cuando me retrató el famosísimo Velázquez.
En aquel tiempo yo vivía con mis padres y mis tres hermanos. Éramos bastante pobres, aunque mi padre y mis tres hermanos mayores tenían unos trabajos que nos permitían comer lo suficiente todos los días.
La casa en la que vivíamos era modesta, pero confortable. Estaba considerablemente lejos de la casa de mi abuela.
Yo adoraba a mi abuela y la visitaba tantas veces como podía.
Ella me contaba historias de cuando era joven o de cuando mi madre y mis tíos eran pequeños. La pobre anciana apreciaba mi compañía, ya que mi abuelo falleció joven y estaba casi siempre sola.
Pero, ese día, el destino nos tenía guardada una grata sorpresa.
Me disponía a salir de casa cuando vi a un hombre que se acercaba por el camino. Me preguntó si conocía a una anciana que vivía por aquellos alrededores. En aquel momento, sorprendido por la pregunta, la mente se me quedó en blanco. Tardé un momento en reaccionar. Luego le respondí que la única que conocía era mi abuela, que vivía en una casa al pie de la montaña que se veía al fondo. Como yo también iba hacia allí hicimos el camino juntos. Anduvimos un tiempo sin hablar pero, mi curiosidad de niño me hizo preguntarle por qué buscaba a mi abuela. Él me miró y sonrió, entonces mientras me acariciaba la cabeza me contó que un amigo le había hablado de la sabiduría que reflejaba su rostro. Al llegar, un olor delicioso a huevos fritos nos rodeó. Entramos y allí estaba mi abuela friendo un huevo. El forastero se presentó, dijo que su nombre era Diego Velázquez y que estaba allí porque deseaba retratarla. Mi abuela se sonrojó y nos invitó a comer huevos fritos. Era famosa por ser una excelente cocinera y venía gente de muchos lugares para pedirle que cocinara para ellos.

1.3.12

Elena Gallego, Dragals II. A metamorfose do dragón. Fora de xogo, Xerais
             Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro,Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario…

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)