31.10.13

Xa temos o equipo de colaboradores ao completo. Onte comezaron coa súa labor de axudar na biblioteca e agardamos que segan coa mesma ilusión que ata agora.

29.10.13

Onte publicamos algunhas fotos da actividade que organizaron os departamentos de Inglés, Educación Física e Música en colaboración coa biblioteca, hoxe xa temos un pequeno vídeo da celebración así como unha xustificación da mesma. Esta é a nova de Televinte coas imaxes cedidas por esta biblioteca.

28.10.13



Hoxe no noso centro os alumnos de 1º de ESO celebraron o Halloween.
 
 Foi unha xornada na que o alumnado tentou celebrar esta festa ao igual que farían nun centro dos EEUU, pasándoo ben e oa mesmo tempo aprendendo doutras culturas. A organización correu a cargo dos departamentos de Inglés, Educación Física e Música e coa colaboración da Biblioteca do centro. Aquí tedes algunha instantanea da actividade.



25.10.13

El gato negro y otros cuentos de horror de Edgard Allan Poe


Nos contos de Edgar Allan Poe, o espanto e o horror que atenazan ao lector con frecuencia é o resultado dunha exploración psicolóxica do subconsciente, da indagación nos recantos máis escuros da mente humana: dela proceden as imaxes delirantes que inducen ao asasinato aos protagonistas dalgúns relatos, e nela incúbanse os insáns desexos de vinganza que culminan en crimes atroces. Pero se loucura e cordura se dan a man neses contos, noutros o horror é provocado pola razón ou a pseudociencia.

24.10.13

O blog da biblioteca do IES Lama das Quendas está en folga. 

                    

23.10.13

Segue a semana do mercadiño, por mor da folga de estudantes os intercambios e as vendas non son moi numerosas pero agardamos que o venres coa volta a normalidade se reactiven.


22.10.13

O luns comezou o mercadiño de libros con bastante boa acollida por parte do alumnado que xa fixo as súas primeiras "transaccións". Lembrarvos que estaremos toda a semana e que aínda estades a tempo de traer novos libros e de ir buscar o que  vos está a agardar, non tardedes porque xa hai quen lle botou o ollo e podedes quedar sen el.
 Tivemos a visita de Televinte que nos axuda a promocionar esta iniciativa espallándoa por toda a comarca. Aquí tedes a nova.

21.10.13


As vidas de Nito

Xabier Paz (Autor)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade... Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora.

16.10.13




Mil cousas

 

poden 

 

pasar.

 

Libro I

Jacobo Fernández Serrano

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 9 anos en diante

 Premio Merlín de Literatura Infantil, 2009
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou “que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.”

15.10.13

Xa temos o equipo de colaboradores de Biblioquendas para o curso 2013-14, non están todos porque algún/unha despistado/a se esqueceu de ir sacar a foto, pero contamos con eles igualmente. Lembrade que se hai alguén máis aínda estades a tempo de apuntarvos.

14.10.13



A biblioteca do I.E.S. Lama das Quendas, en colaboración co club de lectura "A Quenda do libro", promove un Mercadiño de libros  que servirá para conmemorar  o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e , ao tempo, favorecerá a convivencia  e a solidariedade entre as diferentes persoas que conforman a comunidade escolar e o gusto polos libros.
                A actividade  que terá lugar  na semana do 21 ao 25 de outubro ,consiste no seguinte: ata o día 21 de outubro, tanto o alumnado como o profesorado ou calquera outra persoa  relacionada con este centro educativo irá achegando libros que xa non utilicen (en galego , castelán, inglés, francés ou portugués),preferentemente que sexan dos prescritos nas diferentes materias impartidas no Instituto. Precisamos, ademais,  que estean en bo estado.
Os libros poden doarse ou emprestarse. No caso de facer un préstamo o libro volverá ao seu dono  ao remate do curso escolar.
O alumnado  recibirá un vale  por cada obra entregada. Poderá utilizar o seu vale para mercar ou levar en préstamo  tantas obras coma vales teña.
No caso dos adultos, as doazóns serán totalmente desinteresadas.
O Mercadiño celebrarase , durante os días sinalados, na hora do recreo no que alumnado do Club de Lectura atenderá o lugar de venda/troco/préstamo de libros, acompañados por un profesor/a.
 O prezo dos libros en venda  é simbólico e será o mesmo para todos, dous euros ou  un vale de compra, no caso dos estudantes que doaron libros.
O diñeiro recadado  axudará a financiar as actividades do propio club de Lectura e da Biblioteca.

Dende a Biblioteca do Lama das Quendas á que pertence o noso Club de Lectura, animámosvos a participar neste mercado, tanto doando libros como mercándoos ou emprestándoos.

11.10.13

‘As crónicas de Landereina’, de Sabela González. Editorial Galaxia. (2013)

Xa temos a primeira entrega da triloxía "As crónicas de Landereina" que se titula Bágoa de Lúa.
O reino de Landereina está en perigo. O exército escuro dos Kaihunn quere facerse coa poderosa Pedra de Lúa que lle dará o poder. Durante corenta anos Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereina, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinastía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn está a avanzar polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa. E, con ela, co poder sobre Landereina.

10.10.13

O vindeiro martes día 15 de outubro na aula multimedia teremos unha xuntanza de todo o alumnado colaborador da biblioteca. Se estas interesado non dubides en acudir a este encontro no que se vos explicará en que consiste esta iniciativa que pretendemos poñer en marcha este ano na biblioteca. Ven e colabora!

9.10.13




Faneca Brava

Manuel Portas Fernández (Autor)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres –se cadra non, seguro–, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa «ovella negra» dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia

4.10.13




Endogamia  0.2

Ramón Caride 
Manuel Busto (Ilustrador)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO (2013)

Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer? Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.

2.10.13

Na primeira reunión do club de lectura "A quenda do libro" superáronse todas as previsións acudindo 85 alumnos/as de 1º e 2º de ESO.
O próximo martes teremos a reunión de 3º, 4º e BAC.  Animádevos e participade! A que non o superades?
Aquí tedes o tratamento da xuntanza que fixo televinte.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)