31.1.23

Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.



Con este volume queremos achegar a figura de Ricardo Carballo Calero a quen sinta curiosidade por este persoeiro que, en palabras da súa filla Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, “consagrou toda a súa vida a Galicia e á cultura galega”.



Os últimos anos foron cruciais na recuperación da memoria, mais houbo unha peza que permaneceu na penumbra, que non permitiu que os nomes das protagonistas tivesen o recoñecemento debido: as mulleres perseguidas polo franquismo. Foron por elas, primeiro volume da colección, recolle os perfís, publicados no Sermos Galiza, de moitas desas perseguidas cuxas biografías permanecían agochadas: mestras, actrices, empresarias, sindicalistas...



A Pardo de Cela, a dona Constanza e a Fernán Ares de Saavedra tocoulles viviren a cabalo de dúas etapas do medievo: a propiamente medieval, en que o poder feudalista imperaba en toda Galiza, onde os señores, pequenos reis nos seus territorios, residían nos seus castelos e exercían a súa propia xurisdición civil e criminal sobre vidas e facendas. Eran donos e señores de «forca e coitelo»; e unha segunda etapa, en que se comeza a derrubar todo o sistema feudalista señorial da época anterior e se poñen os cimentos do estado moderno, debido á política unificadora dos Reis Católicos, na que concretamente é degolado o Mariscal, morre dona Constanza en plena loita contra as tropas do reino de Castela e a Fernán Ares véndeselle todo o seu patrimonio familiar.



A pretensión de Vía Galega, con esta publicación, é popularizar e divulgar os nosos símbolos nacionais, coñecer a súa historia e significado. Pór ao dispor de toda a sociedade e das distintas organizacións, asociacións, agrupacións e entidades de todo tipo a bandeira e o himno musicado coa letra restaurada. O himno e a bandeira represéntannos e identifícannos como Nación. Son a expresión do ser colectivo e da nosa existencia como Pobo e do dereito a existir libremente.



Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.



27.1.23

Dosi Veiga de Ceos Galegos nunha das charlas de hoxe pola mañá no Espazo Xove de Chantada con alumnado de centro.

Astronomía, mitoloxía, física, bioloxía... e moito máis!

Organizado por Biblioquendas, A Quenda do Libro e o Espazo Xove de Chantada.



24.1.23

Cando a tía Aixa chega á casa dos seus sobriños, ningún deles pode sospeitar que exista un xeito de vivir unha historia de aventuras máis alá da videoconsola. Pero a tía ensínalles os xogos de rol, onde só precisan a súa imaxinación, que os levará ao século XVIII. Alí, en plena época dourada da pirataría, acompañarán a Tru’an, Kack’tar, Mario, Antonio e Botas nunha aventura digna do máis temíbel dos piratas.



Un cativo descobre na biblioteca da súa defunta avoa un libro que narra as aventuras do Cabaleiro de Prata. Este intrépido loitador, na compaña do seu fiel escudeiro, debe percorrer as terras que fagan falta, axudando a quen o precise, até descubrir o seu propio reino. Na súa xesta, atravesará torres, cidades e illas cheas de maxia. Co fin de cumprir a profecía que marca o seu destino, tamén se enfrontará a dragóns, magos, encantadoras, xigantes e mesmo a outros cabaleiros que non sempre son o que aparentan.



Únete ao mundo de Mortiña e aprende a vestirte e a disfrazarte coma ela, convértete nun perfecto anfitrión zombi e aprende a contar chistes arrepiantes. Talla unha cabaza, decora o teu cuarto e invita os teus amigos e amigas. E cando ouvee o timbre? A TÚA FESTA DE MEDO PODERÁ COMEZAR!



Los Reinos de él Ajedrez’ es un cómic con temática de ajedrez en el que viajaremos a través del espacio tiempo para ver en primera persona las batallas más apasionantes vividas y protagonizada por unas piezas animadas muy locas y divertidas. Las historias aquí contadas son historias reales que transcurren sobre las 64 casillas.
Este cómic no te enseñará a jugar a un de los juegos más antiguos de la humanidad, sino que mostrará el dinámico y divertido que es el ajedrez, ilustrando partidas y jugadas reales de una forma diferente.



Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero trabucáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive aínda hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis Joplin, Led Zeppelin, Ramones, Queen, Blondie, Bruce Springsteen e Joan Jett, entre moitos outros que completan estas páxinas. Son as portas de entrada para as novas xeracións a un mundo fascinante.



Manuel Antonio e mais nós é unha obra homenaxe a Manuel Antonio, un dos persoeiros principais da historia cultural de Galicia do século XX.
A publicación configúrase como unha obra colectiva, na que unha pluralidade de voces e puntos de vista cualificados reúnense para iluminar o legado literario, intelectual e político deste xenial rianxeiro, autor do manifesto íMáis alá! e do libro De catro a catro; fitos claves para explicar a cultura contemporánea da nosa terra.



18.1.23

Dende as aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato do profesor X. Carlos G. Freire o alumnado anda a promocionar o patrimonio paisaxístico e monumental chantadino. Un traballo fantástico!

https://www.youtube.com/@LamadasQuendas22-23/featured
Visados extraños y (des)amor cósmico es la primera incursión en la poesía del novelista y relatista Tomás G. Ahola. El libro se estructura con un hilo conductor, “ella”, que protagoniza todo el periplo poético a través del amor, los viajes y el desamor. El libro nos lleva a diferentes puntos del mapa: Francia, EE. UU., Cabo Norte, Tailandia, Mongolia, Siberia…, donde Ella y Él van desplegando su amor, creyéndolo inmortal, hasta que finalmente éste se rompe. Es entonces cuando Ella decide continuar su viaje sola y buscar un lugar donde descansar, que encuentra en Canarias. Es en las Afortunadas donde, al fin, decide concluir la vida en la carretera y entierra su (des)amor.



Emily Dickinson era una gran poeta cuya vida continúa siendo un misterio. Sus poemas, breves, intensos y contradictorios, nos revelan un alma enigmática. Por ello, su obra no puede abordarse con un criterio puramente textual. Isabelle Arsenault muestra una rica comprensión de su poesía, creando una meditación sutil sobre la vida de Dickinson y cómo esta influye en su verso.



Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.



A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.



Creado en estrecha colaboración con Marvel, esta nueva edición ampliada y actualizada cubre más de 80 años de la historia de Marvel, desde la primera publicación de Timely Comics hasta hoy en día. Repleto de material gráfico y reproducciones de los cómics originales, Marvel año a año ofrece un repaso cronológico de las trayectorias de los grandes superhéroes de Marvel: Los Vengadores, Spider-Man, Pantera Negra, el Hombre de Hierro, la Viuda Negra, los Guardianes de la Galaxia… y de los escritores y artistas que los crearon.



Este Tomo II é a visión dunha Galiza que entra nunha encrucillada crítica, conflitiva. O reino enfrontouna desde unha estratexia que mantiña os obxectivos que deran lugar ao momento de maior esplendor cos reis Fernando II e Afonso VIII, en defensa da capacidade de decisión do reino. Fíxoo cunha visión que aliaba o mellor da nosa tradición histórica coa asunción de mudanzas, económicas e sociais, que tiñan, na Galiza, manifestación avanzada. É por iso que a análise desta conxuntura crítica na segunda metade do século XIV, no contexto dunha guerra peninsular e europea, e as súas causas, resulta máis clarificadora e fundamentada se se coñece a historia galega dos séculos anteriores, o que pretendemos co Tomo I.



Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (23) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (22) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (4) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (5) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (2) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (89) narrativa francés (1) narrativa galego (87) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (18) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (28) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (7) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (13) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)