22.6.13

El clan de Atapuerca 2 (La elegida del arcoíris). Álvaro Bermejo. + de 12 anos, Anaya (2013). Castelán.
A historia do clan do Bisonte continúa. Arika e Balka aínda non saben quen provocou a morte do seu pai, Belar, o gran cazador. E Súa, a Nai dos Soños, adquiriu o papel de protectora de Arika.
Parece que o mal se instalou entre a tribo e desentrañar a súa orixe corresponde a mentes lúcidas, como a de Súa. Non obstante, aínda que Arika aínda non é consciente dos seus poderes, pouco a pouco se dará conta do seu potencial, a vida iralle poñendo probas, só debe escoitar ao seu tótem, o resto virá só.

21.6.13

Efectos secundarios (Antología poética). Otros espacios, Anaya. Poesía en castelán.

A poesía e os mozos son unha parella indisoluble. O primeiro amor, os primeiros desexos, os xogos e as dúbidas son os temas frecuentes na poesía escrita por adolescentes. Pero faltan referentes próximos para eles, voces novas coas mesmas inquietudes, que usando as mesmas palabras sexan capaces de crear novos discursos próximos e atractivos para o público adolescente.
Así xorde «Outros Espazos», unha colección de poesía para mozos e en concreto o primeiro dos seus títulos: Efectos secundarios, unha antoloxía onde quince escritores nos mostran cos seus poemas unha forma diferente de mirar o próximo. Quince voces frescas, novas, que renovan o discurso poético con atrevidas propostas. Quince poetas entre os que se encontran algúns dos gañadores dos premios máis prestixiosos de poesía, así como voces descoñecidas, aínda inéditas con moitas cousas que achegar ao panorama. En fin, unha antoloxía poética necesaria, un novo espazo que de seguro terá efectos secundarios

20.6.13








As meigas de Lupa

María Solar

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.


¡Polizón a bordo! (El secreto de Colón). Vicente Muñoz Puelles. Ed. Anaya. + de 12 anos. Castelán. (2005)
É o ano 1506. Ao decatarse da morte de Colón, Gonzalo, un novo piloto que traballa na Casa da Contratación de Sevilla, decide contar a verdadeira historia do descubrimento do Novo Mundo. Moitos anos antes, de neno, Gonzalo, oculto na adega, partiu na expedición rumbo á India. Levado ante Colón, este permitiulle proseguir viaxe. Asistiu á travesía, recibiu as confidencias do Almirante e mesmo lle axudou a evitar o motín que se aveciñaba... Unha apaixonante narración que nos achega, dende outra perspectiva, á enigmática e controvertida figura de Cristóbal Colón.

19.6.13



Cometas en el cielo,Khaled Hosseini. Salamandra(2004)
Sobre o pano de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se aveciña un dos períodos máis cruentos que padeceron os milenarios pobos que a habitan.

Con apenas doce anos, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa, mesmo a custa do seu inseparable Hassan, un hazara de clase inferior que foi o seu servente e compañeiro de xogos dende a máis tenra infancia. Así, obsesionado por demostrarlle o seu pai que xa é todo un home, Amir poñerá en perigo unha amizade fraguada ao longo de anos de enfrontarse a todos os perigos imaxinables, e aprenderá unha verdade que lle acompañará o resto da súa vida.

17.6.13

101 buenas razones para leer. Beatrice Masini. Anaya (2012). Literatura xuvenil en castelán.

Que é un libro? Un obxecto que está feito de papel, tinta e pegamento. Aínda que pode ser moitas máis cousas: un río que te leva, unha nube en movemento, unha ventá a outros mundos.

Nun libro pódeste perder, podes mirarte como nun espello, podeste recoñecer. Hai libros que esquecemos deseguida, e libros que sempre levaremos connosco a algunha parte. Cada libro é un comezo, diferente para cada lector. A min gústame, e a ti non che gusta. Para min é perfecto, para ti, inútil. E está ben así. Porque os lectores son diferentes. Cada libro busca o seu lector, e cada lector busca o seu libro. Un lector que se aburre, un lector indeciso ou decepcionado, é un lector que aínda non encontrou o seu libro.

Hai moitas boas razóns para ler: porque é fascinante, porque te remove, porque te leva lonxe, porque... Polo menos hai 101 razóns, e están neste libro.

16.6.13


14.6.13




Trampa de luz

Agustín Agra

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Sabe que para collelas debe pórlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo. A presenza na vila do tanxedor de campás provocou que ocorrese algo fóra do normal. Co son das badaladas apareceron na praza uns paxaros de plumaxe maxestosa, unha especie descoñecida da que Irene non atopou referencia ningunha cando consultou nas guías de aves da biblioteca do seu pai, un territorio ideal para osmar nos segredos. Mais non será ese o único acontecemento estraño e inquietante que sucederá na vila. Algo inexplicable ocorre cos animais.Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, sobre a estremecedora procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.

13.6.13



O códice do Santo Lugar

Pere Tobaruela

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pireneos.

10.6.13


Trazo de tiza (Novela gráfica en castelán)
A OBRA MÁIS PREMIADA DE MIGUELANXO PRADO.

Un faro en metade do océano.
Unha pequena illa case deshabitada.
Uns personaxes perdidos que buscan sen encontrar.
Un relato fascinante e sorprendente que nos obriga a non perder detalle e nos engancha dende a primeira páxina.
Todo iso é Trazo de xiz, unha das obras máis emblemáticas de Miguelanxo Prado.

7.6.13

¿Sabes que te quiero? de Blue Jeans:(2010)2ª parte de "Canciones para Paula"
Os problemas que Paula intentou esquecer cando se foi a París, seguen esperándoo ao seu regreso e non lle será nada doado deixalos pasar. Xurdirán novas leas amorosas e desenganos, aos que se sumará un erro imperdoable que puido cometer a protagonista na "cidade do amor". Pero non todo xirará en torno a Paula, se non que o resto de "as Sugus" tamén adquirirán un maior protagonismo na novela, que se verá salpicada de mentiras, traizóns e problemas realmente serios na vida adolescente.

6.6.13

Consumir preferentemente. Raúl Vacas. Otros espacios, Anaya (2006). Poesía en castelán.
En Consumir preferentemente non se fan concesións, non se encontran nin romanticismos gratuítos nin sentimentalismos, moi ao contrario, o poeta fíxalle ao amor a data de caducidade que lle corresponde, o xusto dor coa que ha de enfrontarse, e presentao a través dun percorrido novidoso: pode adquirilo vostede ao pasar pola caixa rápida ou na sección de oportunidades, pero estas oportunidades dáas a vida.

4.6.13

O pasado 30 de maio os membros do club de lectura "A Quenda do Libro" fixeron unha visita cultural a Santiago para visitar a cidade da cultura e dentro desta a exposición Orinoco, posteriormente foron visitar os estudios de televisión CTV onde lles explicaron todo o proceso de emisión dun programa de TV. Xa pola tarde desprazaronse ao CGAC (Centro galego de arte contemporáneo), despois de ver as distintas exposicións deron un pequeno paseo pola parte vella da cidade. Aquí vos deixamos algúns dos momentos da visita.

1.6.13

O pasado xoves o club de lectura desprazouse ata Santiago para facer unha visita cultural, Televinte fíxose eco desta viaxe e deu a nova como segue:

Nos vindeiros días tentaremos porvos algunhas imaxes máis desta visita.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)