A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas b>. Amosar todas as publicacións
25.10.21
24.10.20
24.10.19
22.10.18
O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Con esta conmemoración preténdese facer visible a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos. Pero, como somos moi festeiros, non nos chega cun día e farémolo durante toda a semana, do 22 ao 26 deste mes.
Xa hai moitos anos que por estas datas vimos celebrando nos corredores da entrada do instituto un Mercadiño de libros usados. Faise durante os recreos para visibilizar os libros, mesmo fóra da biblioteca, e fomentar a
colaboración e a interrelación entre alumnado, profesorado e familias
que queiran donar, ou prestar exemplares de calquera tipo para que
outras persoas os poidan mercar , por un prezo simbólico, ou levar
emprestados por un tempo.
Trátase dunha actividade en colaboración coa Quenda do Libro e serán xornadas de convivencia dos bibliófilos que amamos a lectura e admiramos os libros e os coleccionamos.
24.10.17
Hoxe é o Día da Biblioteca. Ese lugar cheo de libros que
conteñen historias que nos fan vivir outras vidas, poemas que
nos fan sentir , pezas teatrais que nos fan gozar… Un lugar do que , o equipo
da biblioteca do Lama das Quendas, intenta
facer un espazo vivo de lecturas
, convivencia, ocio, formación , estudio para @s usuari@s. É este un sitio no
que paga a pena estar para involucrarnos e
emocionarnos.
Para festexar esta data, durante toda esta semana, en colaboración co Club de
lectura A Quenda do Libro organizamos o tradicional mercadiño de libros para mercar
ou levar prestados exemplares que outros compañeir@s deixaron. Longa vida aos
libros!
Vivamos na biblioteca!!!
28.10.16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








