31.5.13

Remata o mes das Letras Galegas cos dous últimos poemas, esta vez poñen as súas voces Irene Moncada de 3º e Yanira Vigo de ESA. Agardamos que este non sexa o fin dun mes das letras senón o principio dun ano no que nos sintamos orgullosos de usar a nosa lingua.

30.5.13

No penúltimo día do mes das letras galegas temos o poema "Adiós ríos, adiós fontes" Nas voces de Xabier Sánchez de 4º de ESO e Tamara Vázquez de ESA.

29.5.13

A piques de rematar o mes das letras galegas podedes escoitar un trío de voces que nos recitan os poemas de Rosalía. Hoxe tócalles o turno a: Miriam Méndez, Pablo Gómez de 4º e Estefanía Cudeiro de 2º de ESO.

28.5.13

Como aínda nos faltan algúns voluntarios por recitar e o mes está a piques de rematar hoxe temos nova sesión  nas voces de:Darío Eiré de 2º e de Ana Doval de 1º de ESO.

27.5.13

Entrando na última semana do mes de maio seguimos escoitando os poemas que nos ofrecen Rafael Cervelo e David González de 1º de ESO.

Bakuman 3.Tsugumi Ohba, Takeshi Obata. Norma editorial (2011)
¡SIGUE DISFRUTANDO DE OBHA Y OBATA, EL MEJOR TÁNDEM DE MANGAKAS DE NUESTROS TIEMPOS! A pesar de las difi cultades, Saiko y Shujin dan pasos de gigante para cumplir su sueño: consiguen publicar en la Akamaru Jump, y parece que su editor cree que tienen posibilidades de convertirse en profesionales. La competencia es feroz, y su principal rival, Eiji Niizuma , sigue escalando posiciones...

24.5.13

Xa metidos no fin de semana que mellor maneira de descansar que escoitando a  Lucía Mirás, Marisol Regueira e Lucía Fernández de 3º de ESO recitando a Rosalía.
Blancanieves de Pablo Berger.(2013)
Versión libre, de carácter gótico, do popular conto dos irmáns Grimm, que foi ambientada en España durante os anos 20. Blancanieves é Carmen, unha bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta Encarna. Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apaixonante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de Ananos Toreros.

23.5.13

Para que sigades póndolle uns poemas á vosa vida , escoitade a Evelyn, Lidia e Manuel Gómez de 2º de ESO.

22.5.13

Continuamos celebrando o mes das Letras Galegas con poemas de Rosalía, como a oferta foi tanta hoxe ofrecemosvos tres poesías da man de Amelia Ledo, Helena Mendes e de Fabio Centeio todos eles de ESA.
Hoxe tócalle o turno a Rosana López e Ignacio Meijide de 4º de ESO. que por un erro no blog sae con un día de retraso.

20.5.13

Aínda que xa pasou o Día das Letras Galegas, nos seguimos a ofrecervos outros dous poemas nas voces de Laura Rey, María Vázquez e Pilar Diéguez de 2º de ESO.



O gardián invisible

Dolores Redondo Meira .

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le. O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego, lánzase a nivel mundial neste mes de xaneiro de 2013. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.

16.5.13

Mañá e o día das letras galegas e para irvos preparando podedes escoitar estes dous poemas da man de Andrea Souto e de Verónica García de 2º de ESO.

15.5.13

Hoxe ofrecémosvos outros dous poemas de Rosalía  nas voces de Sandra Caseiro  e Santiago Amorín de 2º de ESO.




Vento galerno

Antonio Yáñez Casal

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra. Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro.

14.5.13

Seguimo acercandonos ao 17 de maio con duas novas voces interpretando a Rosalía, nesta ocasión son Alberto Amarante e Yoo-Jin de 1º de ESO
Con un pouco de retraso por motivos teécnicos e entrándo na semana das letras podemos escoitar un poema na voz de Lucas Ledo de 1º de ESO.

10.5.13

Rematamos a semana  con ración doble de poemas nas voces de Daniel Otero e de Andrea García de 4º de ESO.            



Nubes de evolución

Andrea Maceiras Lafuente

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOG. XERAIS
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».

9.5.13

Hoxe tócalle o turno a Marian e Andrea

8.5.13

Hoxe tócalle o turno a Noela de 2º de ESO de lernos outro poema de Rosalía.

Canciones para Paula de Blue Jeans: (2009)

Ata onde estarías disposto a chegar por amor? Pode aguantalo a amizade todo?

Amor, desamor, enredos, mentiras, traizóns... e moita música!! Unha canción para cada momento e unha banda sonora que non poderás deixar de cantar ¡ BERRA QUE ME QUERES!!

Descobre por que CPP é a novela de moda nas redes e a mellor valorada polos blogs de lectura xuvenil e engánchate á historia máis romántica que te manterá sen pestanexar ata o final!!!

7.5.13

Xa podemos escoitar o cuarto recitado do me das letras galegas. Esta vez na voz de Jorge e José Luis.

6.5.13

Un novo poema para comezar a semana, esta vez  Mariana Vázquez de 1º de ESO lenos un anaquiño de Campanas de Bastabales

El futuro robado. Ramón Caride. Sopa de letras, Anaya. Castelán (2011)
Sheila e Said viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada. A súa amiga Irina visítaos no seu muíño e descobre que desapareceron misteriosamente. Que lles puido pasar? Said e Sheila viaxaron no tempo e teñen que enfrontarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispostos a destruír unha importante zona de costa, sen importarlles os estragos ecolóxicos ou culturais que poden producirse.

3.5.13

Xa podedes escoitar o poema que  hoxe nos ofrece Sergio Simón.

2.5.13

Mes das Letras Galegas

Hoxe comezamos o mes das Letras Galegas e, para celebralo, o club de lectura "A Quenda do Libro" e a Biblioteca do IES Lama das Quendas, queremos agasallarvos diariamente con un poema de Rosalía de Castro  que neste ano se cumpre o 150 aniversario da  publicación de Cantares Gallegos. Os poemas serán lidos por alumnado de distintos cursos do noso centro. Asemade, e para darlle a maior visibilidade a esta actividade, estes poemas serán difundidos en Televinte que colabora nesta actividade de difusión cultural.
Esta é a presentación da campaña e o primeiro dos recitados.



Costa do Solpor

Xosé Mª Lema

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais –un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...– e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)