16.12.12


        Chega o Nadal e que mellor ocasión para poder gozar da lectura! Dende a biblioteca do IES Lama das Quendas en colaboración cos departamentos de Lengua y Literatura Castellana,Lingua e Literatura Galega e Francés queremos recomendarvos unhas lecturas que agardamos sexan do voso interese.
Tamén queremos desexarvos un BO NADAL, un Nadal de libros e que lembredes que non hai mellor agasallo que un libro.




14.12.12


Philippe, un aristócrata que se quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recén saído do cárcere. Aínda que, á primeira vista, non parece a persoa máis indicada, os dous rematan logrando que convivan Vivaldi e Earth Wind and Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenían ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada, unha relación única na súa especie da que saltan faíscas.
INTOCABLE (Tráiler Oficial España "Intouchables") from A Contracorriente Films on Vimeo.

12.12.12

ROCAS Y MINERALES Manual de Identificación. Chris Pellant


Esta guía visual permite identificar as diferentes rochas e minerais, mediante descricións, fotografías a toda cor e táboas. Os minerais pódense identificar, ademais, mediante probas que se sinalan ao finalizar a descrición de cada un.
E agora a usala.

11.12.12

Donde esté mi corazón. Jordi Sierra i Fabra. Periscopio (edebé). Literatura xuvenil en castelán.
A vida de Montse cambiou por completo: un feito imprevisible sacudiu os seus alicerces. Estivo ás portas da morte, pero venceu, aínda que o prezo é moi duro. Agora na súa vida hai un antes e un despois. E mentres trata de recuperar o seu sorriso, aparece Sergio, a esperanza. Talvez, o amor.

9.12.12


Muerte en el prioratoToti Martínez de Lezea . A partir de 12 anos. Alfaguara. Castelán,
Un rapaz ao que suspenderon un par de materias en verán debe ir cos seus tíos en agosto á vila a estudar. Non sospeita o que alí, nesa casa rural aparentemente tranquila, vai encontrar: unha serie de asasinatos difíciles de resolver nos que el e os seus amigos se verán exercendo de novos detectives. Unha novela de suspense como as mellores de Agatha Christie

5.12.12

                     Segue a gran participación no club de lectura, aquí podedes ver a xuntanza dos alumnos de 1º de ESO que se fixo o día catro de decembro na que se comentaron os libros "Palabras de caramelo" e "La cazadora de Indiana Jones".
 Agardamos que as seguintes reunións sigan sendo tan numerosas coma esta e lembrade que nunca é tarde para comezar a ler e incorporarse a calquera das seccións do club de lectura. Se queredes máis novas sobre este encontro entrade no blog do club de lectura A quenda do libro.

4.12.12

El secreto del César. Rocío Rueda. El árbol de la lectura (Oxford). 2012. Literatura xuvenil en castelán.
Fabio é un escravo romano cuxo corazón se encontra dividido entre a súa admiración por César, e o seu odio a Roma. O día que asasinan a César, Fabio vese obrigado a fuxir para salvar a súa vida. O azar une o seu destino ao de Tais, unha nova sacerdotisa de Vesta que mantén oculta a súa identidade para poder cumprir unha misión tan importante como arriscada. Xuntos enfrontaranse a numerosos perigos para protexer o testamento de César e entregarllo ao seu destinatario, sen saber que aquel documento non só representa o futuro de Roma senón que contén un segredo polo que a súa vida sempre estará unida á do emperador.

2.12.12


El puente de los cerezos. Blanca Álvarez. Anaya. A partir de 12 anos. Castelán.
Unha rapaza chinesa namórase dun compañeiro de clase, o seu pai decide recluíla nun pequeno pobo nas montañas, durante un ano, pasado ese tempo se o seu amor polo mozo perdura, permitirá que casen. Durante esa estanza na casa da súa avoa a moza descubrirá non só as tradicións do mundo rural, que despreza, senón a linguaxe secreta que as mulleres crearon para escapar das prohibicións dos home.
Un libro, cheo de contos, dunha beleza extraordinaria e unha prosa coidada e elegante.

27.11.12


La noche más oscura de Ana Alcolea:
A Valeria este ano espéranlle unhas vacacións moi especiais, ou polo menos iso é o que di a súa nai, unha auténtica especialista en buscar lugares orixinais para desconectar da rutina. Un lugar solitario e peculiar no norte de Noruega será o elixido, e alí o presente mesturarase co pasado nos soños de Valeria. Unha historia acontecida durante a ocupación nazi no país, un faro en medio do mar e os ollos de Valeria, como nexo. E así, o que nun principio parecía que sería un verán aburrido, se converte nun verán inesquecible.

22.11.12

Onte presentouse a campaña que dende a biblioteca se fixo contra da violencia de xénero en televinte. Un problema que segundo ven de informar o observatorio estatal da convivencia escolar estase a manifestar cada vez máis entre a xuventude. Con isto pretendemos darlle a máxima difusión e chegar ao maior número de xente posible.

20.11.12

Este é o segundo spot que gravamos para concienciar á xuventude de que ninguén é propiedade de ninguén e de que se ten que atallar este problema cando se noten os primeiros síntomas.
Se estes pequenos vídeos serven para que alomenos un rapaz ou rapaza se pare a reflexionar sobre a violencia de xénero damos por conseguido o noso obxectivo.



El escarabajo de Horus. Rocio Rueda. El árbol de la lectura (Oxford). 2010. Literatura xuvenil en castelán.
Carla e o seu irmán Miguel acábanse de trasladar a París xunto ao seu pai. Miguel rompe accidentalmente un escaravello de cristal do museo Louvre. A continuación, Carla esperta, sen saber como nin por que no antigo Exipto dos faraóns. A protagonista tratará de encontrar o modo de volver á casa e ao seu tempo.

17.11.12

Co gallo do "Día internacional contra a violencia de xénero" que se conmemora o día 25 de novembro, a biblioteca do IES Lama das Quendas quere sumarse a esta celebración poñendo o seu gran de area coa intención de concienciar sobre este gran problema da nosa sociedade.
Queremos agradecer a todos os alumnos/as a participación na gravación dos dous spots e a colaboración desinteresada da televisión local de Chantada "Televinte".



16.11.12

Era por setembro Xabier Quiroga. Xerais (2004)
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais. A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con “Era por setembro” (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.

14.11.12

       20 anos de Carrabouxo  Xosé Lois González. (2002)
Maila o título, a escolma de viñetas que recolle este libro non abrangue máis ca seis anos(do 1995 ao 2000). A publicación fíxose coincidir co 20 aniversario da publicación da primeira viñeta de " O Carrabouxo" en "La Región".

13.11.12

El tiempo entre costuras de María Dueñas Vinuesa: (2009)

Una novela de amor y espionaje en el exotismo colonial de África.

La joven modista Sira Quiroga abandona Madrid en los meses convulsos previos al alzamiento arrastrada por el amor des­bocado hacia un hombre a quien apenas conoce. Juntos se instalan en Tánger, una ciudad mundana, exótica y vibrante en la que todo lo impensable puede hacerse realidad. Incluso la traición y el abandono de la persona en quien ha depositado toda su confianza. El tiempo entre costuras es una aventu­ra apasionante en la que los talleres de alta costura, el glamur de los grandes hoteles, las conspiraciones políticas y las oscuras misiones de los servicios secre­tos se funden con la lealtad hacia aque­llos a quienes queremos y con el poder irrefrenable del amor.

Una novela femenina que tiene todos los ingredientes del género: el creci­miento personal de una mujer, una historia de amor que recuerda a Casablanca… Nos acerca a la época colonial espa­ñola. Varios críticos literarios han destacado el hecho de que mientras en Francia o en Gran Bretaña existía una gran tradición de literatura colo­nial (Malraux, Foster, Kipling...), en España apenas se ha sacado prove­cho de la aventura africana. Un homenaje a los hombres y mujeres que vivieron allí. Además la autora nos aproxima a un personaje real desconocido para el gran público: Juan Luis Beigbeder, el primer ministro de Exteriores del gobierno de Franco.

12.11.12


«A coroa de Napoleón» de Jaureguizar. Xerais (2010)

Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña, e no medio desta celebración acontece algo que podería crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón cedida para os actos desapareceu. Para resolver a situación aparece Tintimán, unha sorte de xornalista-investigador, estudante de bacharelato cun máis que alto concepto de si mesmo, algo así como un superheroe algo impertinente, que, axudado por amigos e o seu gato señor Grozni conseguirá resolver o problema malia os atrancos que se lle van presentando.

7.11.12

      Botou a andar a sección de pais/nais do club de lectura "A quenda do libro" con moi boa acollida, como podedes ver na foto. Esta sección ben a sumarse ás xa iniciadas durante o mes pasado ( dúas de 1º de ESO, unha de 2º de ESO, unha de 3º de ESO, unha de 4º de ESO e outra de profesorado e persoal non docente.) que en total suman máis de un cento de  membros.
Se tes inquedanzas lectoras ainda estas a tempo de sumarte a calquera destes grupos, non o dubides. Se queres máis información podes contactar coa biblioteca do centro ou entrar no blog do club de lectura A quenda do libro.

5.11.12

La casa de muñecas. Ana Alonso. El árbol de la lectura (Oxford). 2010. Literatura xuvenil en castelán.

A crise obriga a unha familia a ter que pasar as vacacións na casa da avoa, na vila, algo que aos fillos non lles fai ningunha graza. Pero o que parecía que ía ser un verán aburrido convértese, para os dous irmáns, nunha aventura que nunca esquecerán: a avoa baixa do faiado unha antiga casa de bonecos, de cando ela era nena, que se converterá no escenario dun misterio que os pequenos se empeñarán en resolver, e máis dun susto depararalles a súa investigación

29.10.12



  Bota a andar o concurso de Relatos con banda sonora que convocan  os departamentos de Música e  de Lengua Castellana y  Literatura do IES Lama das Quendas de Chantada en colaboración coa biblioteca . Esta actividade interdisciplinar foi programada para os alumnos de 2º de ESO 
 

                                         Instrucciones para participar

          En  la clase de música de 2º de ESO  propondremos tres canciones y podréis elegir una de ellas para inspirar vuestros microrrelatos. Elegiremos tres relatos  al finalizar el trimestre y los tres finalistas competirán durante la última semana de clases de diciembre de  por llevarse el premio al mejor relato con banda sonora del trimestre: la publicación del mismo con la banda sonora en el Blog de música y en el de la biblioteca
          La extensión de los microrrelatos no podrá superar las cien palabras.

CONCURSO DE MICRORRELATOS

          Contar historias y hacerlo de manera creíble requiere fascinar, asaltar al lector por sus cinco sentidos, invadirlo hasta que se deja arrastrar a ese mundo de fantasía que le propone el texto. El cine -¡tócala, Sam!- lo ha sabido siempre y son miles las bandas sonoras que están unidas en nuestro recuerdo a historias e imágenes que nos conmovieron y nos conmoverán.
          La literatura lo tiene más difícil, pero sus autores nunca han renunciado a convertir la música en parte de sus textos. De los acordes de jazz de cualquier novela negra ;  la canción monocorde de los piratas de John Silver a  las canciones de la vida de Flanagan  son muchas las grandes obras literarias en las que una melodía juega un papel fundamental, encierra o precipita el conflicto, retrata a los personajes, crea la atmósfera justa o, simplemente, aparece por allí, una o varias veces, para convencer al lector de la existencia de ese mundo al que ha sido arrastrado por la magia de la ficción.
           Este trimestre  el departamento de Música y el departamento de Lengua Castellana y  Literatura del IES Lama das Quendas  premiarán los mejores microrrelatos inspirados en canciones.


Decálogo para escribir microcuentos

1. Un microcuento es una historia mínima que no necesita más que unas pocas líneas para ser contada, y no el resumen de un cuento más largo.

25.10.12

Televinte (a televisión local) fíxose eco da posta en marcha do club de lectura "A quenda do libro" que ano tras ano vai gañando adeptos.

24.10.12

          No día das bibliotecas queremos acmosarvos este vídeo de AEDA, a "Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España".



22.10.12

La luna en el agua de Cecilia Domínguez Luis (2010) Alfaguara Juvenil

Para Raúl e para Mónica, a vida non é doada aos seus trece anos. A Raúl a chegada do seu pai, ata agora descoñecido, descubriulle un mundo que cría só nas películas. Pero volveu desaparecer da súa vida e bota a culpa á súa nai.

Mónica pensa que todos os adultos son uns falsos: despois de sufrir a separación dos seus pais, agora ten que vivir a súa reconciliación. Non obstante, Raúl e Mónica acaban de coñecerse, e iso faraos cambiar.

17.10.12

             Este curso botou a andar o club de lectura con un gran número de participantes, xa temos confirmados dous grupos de 1º,un de 2º,un de 3º e un de 4º, todos eles de ESO. Contamos con un grupo de profesorado e persoal non docente, e agardamos poder facer un de pais/nais. Se aínda non te apuntaches e tes interese  podes facelo en calquera dos grupos que hai. Anímate e participa, a lectura é a mellor vacina contra a ignorancia.
Aquí tedes unha foto da primeira reunión co alumnado.

16.10.12

Xa de regreso en Chantada despois das xornadas vividas en Hjørring queremos agradecer a rapaces, pais/nais e profesorado do Hjørring Gymnasium a súa agarimosa acollida e o trato dispensado.
 Grazas por eses días inesquecibles.
         Comunidade educativa do IES Lama das Quendas.
Having arrived at Chantada after the staying we have spent in Hjørring we would like to thank the students, parents and the Gymnasium teachers your friendly behaviour with us. 
Thanks a lot for those unforgetable days. 
      Parents, students, teacher's and principal staff.

11.10.12

Misión Olvido de María Dueñas Vinuesa. (2012)

Despois de El tiempo entre costuras xa podes ler a última novela de María Dueñas.

"A veces la vida se nos cae a los pies con el peso y el frío de una bola de plomo"

Con este poderoso arranque na voz dunha muller actual, a autora que protagonizou o gran triunfo editorial dos últimos anos faranos transitar por España e California cunha trama chea de emoción, intriga e memoria. Unha historia luminosa a cabalo entre a década dos cincuenta e o final do século XX, sostida en personaxes inesquecibles que cruzarán fronteiras e destinos para falarnos de segundas oportunidades, reconciliación e reconstrución.

8.10.12

Carrabouxos a esgalla 1  Xosé Lois González. Deputación de Ourense (1991)
Aquí se nos presentan unha morea de Carrabouxos que, como sempre, é unha escolma dos chistes publicados en "La Región" e "Atlántico Diario"

4.10.12


El invierno del mundo de Ken Follett: The Century-2 (2012)

     Chega o esperado segundo libro da triloxía The century. Viaxa ao apaixonante século XX. Vive o momento que o cambiou todo.

Ken Follett continúa a apaixonante historia das cinco familias europeas que nos cativaron con La caída de los gigantes. Nesta ocasión, son os fillos dos protagonistas da entrega anterior os que, a través das súas loitas persoais, políticas e militares, nos mostran a historia duns anos que cambiaron o mundo para sempre. Da man dos Williams, os Fitzherbert, os Kostin, os Ulrich e os Dewar, emprendemos unha apaixonante viaxe a través dos acontecementos que marcaron as súas vidas e as dun mundo que se esborralla, dende o ascenso do Partido Nazi ao poder en 1933, auténtico preludio da Segunda Guerra Mundial, ata o inicio da Guerra Fría en 1949.

Ken Follett é o gran mestre da novela contemporánea. O seu estilo áxil, sinxelo e de ritmo vibrante, combinado coa súa capacidade para conmover os lectores, garante unha lectura para non parar ata a última páxina.

1.10.12

Aquí vos ofrecemos o listado de libros dixitais que podedes solicitar na biblioteca do noso centro.

30.9.12

    Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.

Dinamarca-Suecia


O sábado  saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring cara Frederiksshavn onde collemos o barco para  chegar a cidade sueca de Goteborg.

Foi unha preciosa viaxe nun enorme barco onde os rapaces o pasaron moi ben.

De Goteborg puidemos ver pouco pero deunos tempo de pasear polo barrio antigo, de ver o edificio da opera e de comparar o estilo de vida desta cidade, a segunda máis grande de Suecia, co estilo de Dinamarca e de España.

Regresamos ás 20:30 moi canso e dispostos a  aproveitar o pouco tempo que nos queda aquí.

O domingo e o día coas familias e xa cara a noite  xuntarémonos todos no Instituto para compartir as últimas horas en Hjorring e saír en autobús cara Copenhagen e coller o avión de volta a España.

A  viaxe de regreso contarémosvola en persoa.

28.9.12

As novas tecnoloxías na biblioteca
  
        Este ano poñemos a túa disposición dous lectores de e-books que poderás solicitar na biblioteca por un período máximo de 15 dias. Estes lectores son de tinta electrónica, a última tecnoloxía que permite ler sen danar a vista.
Para saber como tes que facer para pedilo en préstamo non esquezas  ler o tríptico de normas de préstamo que está neste blog ou senón acércate a consultalo na biblioteca. Tamén te informamos de que se ti xa tes o lector so
tes que traelo e nós cargámosche o libro que desexes do listado que podes ollar neste blog ou na biblioteca.


       Normas de uso:



   

 Impreso de aceptación das condicións do préstamo.

 

27.9.12

Cuarto día en Hjorring

A continuación podedes ler a crónica do cuarto día en Hjorring que nos chegou recentemente dende Dinamarca.
Hoxe tocou dia de clase no Hjorring Gymnasium. As 8:05 comezar os alumnos coa clase de  Música co profesor Soren nunha das aulas de música do centro.Os nosos atrevéronse cunha canción nun dialecto danés que cantaron moi ben como se pode apreciar no vídeo.

As seguintes clases foron de Relixión  cun profesor que tamén imparte español  e que programou unha sesión na que se falase  dos puntos de encontro e diferenzas entre a relixión católica e a protestante , maioritaria neste país.Outro grupo  foi a clases de español con Nina, a profesora encargada do intercambio aquí en Dinamarca onde os rapaces traballaron con daneses e mesmo unha rapaza francesa que esta en Hjorring de intercambio.

A última parte da mañá dedicouse a presentación de Galicia que os nosos alumnos fixeron aos  alumnos daneses. Logo fixeron uns xogos por grupos en español, galego e  inglés. E ao rematar comemos "Torta dos soños", típica dunha cidade do oeste de Dinamarca, a base de biscoito e coco. Aínda tivo tempo Juan, o profesor de música , de ensinarlles uns pasos da muiñeira de Chantada.

As 15:15 demos por rematado o dia lectivo.

Todos estamos ben, contentos e aprendendo moitas cousas.

Incluímos fotos  da clase de música, da de español e outras do instituto para que vexades onde pasamos estes dias. A maioría son corredores, salas  onde os rapaces agardan tranquilamente o comezo das clases ou onde realizan tarefas marcadas polos profesores. Eles tamén teñen varios patios con árbores, xardíns...

Mañá imos a Aalborg . Agardamos poder enviar imaxes e a crónica da xornada.

26.9.12

Mércores,26 de setembro


 Hoxe comezou o dia a hora de sempre para ir ao Gymnasium desde onde partimos, as 8:30 h , cara  o norte da Dinamarca. A paisaxe foi cambiando segundo nos achegabamos ao mar.Xa non hai arbores senón area cuberta de vexetación baixiña.Vense coma pequenas dunas polo movemento da area co vento. A area tapou  a igrexa de Den Tilsandede  da que so asoma a parte superior.





Chegamos a vila de Skagens onde visitamos o Skagens Museum onde hai cadros de pintores e pintoras impresionistas.nel se atopa un cadro de Marie Kroyer que retrata "a muller mais fermosa de Dinamarca".



Nese mesmo lugar visitamos unha pequena pastelería onde venden os caramelos que eles mesmos elaboran.Puidemos asistir a unha demostración e degustar algún deles.

A continuación dirixímonos a punta mais norte de Dinamarca. Mirade o mapa e a puntiña mais ao norte foi pisada,hoxe, polos rapaces do noso instituto e os daneses que nos empanaban. Por certo , algún dos nosos comentou que ,como a marea estaba baixa, nos fomos mais ao norte que outros visitantes con marea alta.recorremos unha leiguísima praia para chegar  alí mesmo onde o mar Báltico e o Mar do Norte se xuntan.



Continuamos a excursión , xa pasada por auga, coa visita a unha zona das mais altas de Dinamarca:200 metros. Dada a súa altitude os alemáns utilizárona para construír centos de bunkers, algúns dos cales puidemos visitar




Finalmente iniciamos o regreso ao Hjørring Gymnasium para as 16 horas e cada chantadino marchou coa súa familia danesa.

   Ata aquí chega a información desta xornada que nos foi enviada por M.C. Pérez dende Hjørring.

25.9.12

Tratamento que fai da nova do intercambio con Dinamarca a televisión local Televinte. 



 Xa podedes seguir os acontecementos de hoxe no diario que nos enviou dende Dinamarca Mª C. Pérez.



Amencemos en Hjorring. Ás oito todos estabamos no  Instituto e comezamos dividindo os nosos alumnos en tres grupos para asistir a clases de español.despois tiveron dúas intensas horas de baile.Aprenderon o baile da festa fin de curso cos alumnos de intercambio daneses.Os nosos teñen moito ritmo e pode que o bailen o dia da despedida










Despois dos 35 minutos que tivemos para xantar os rapaces foron a clase de danes para preparar a visita que faremos ao  museo de Skagen maña martes .Aínda tiveron unha clase mais de inglés  incorporándose ,en grupos de oito ,nas sesións lectivas do Gymnasium



O ultimo que fixemos dentro do horario escolar ,das 14.25 as 16 horas,  foi o tour pola vila .Mentres chovía a mares visitamos  o centro comercial Metropol,dentro do cal curiosamente,hai unha biblioteca.Un grupo de estudantes daneses leváronnos ata a Praza da Fonte onde a auga segue o ritmo da musica clásica que se escoita e detrás da cal había o Parque Christiansgave. Despois  pasamos por diante do Museo de Historia.e finalmente  entramos na igrexa de Santa Catharinae.

A xornada escolar fíxose moi longa porque dende as  oito da mañá ata as catro da tarde realizamos tantas actividades que   nos fan ter a sensación de que xa son as oito da tarde cando ven de sonar o timbre de saída.

Seguiremos informando.



   Aínda que un pouco retrousadas chegáronnos algunhas instantáneas da recepción que tivo o alumnado do noso centro en  Hjørring, o 24 de setembro ás 7:45 da noite, así como un pequeno comentario da xornada.







No instituto recibiunos a Directora e varios profesores e os alumnos que recibían aos nosos moi agarimosamente.Ceamos xuntos  a comida que prepararan os mesmos alumnos e compartimos animadamente o tempo todos xuntos.Antes dos postres, ensináronnos o centro e despois cada un fomos  coas nosas familias para  descansar porque moitos tivemos  que erguernos as 6:00 horas.



24.9.12

   Hoxe foi un día de viaxe en autobús e como non había moito que contar, a parte do cansazo e da recepción no instituto, xa pola noite, non recibín imaxes da xornada. Así que podedes ver algunhas fotos de onte en Copenhague.
 Agardamos poder informarvos desta xornada mañá con máis detalle.


23.9.12

Chéganos dende Copenhague a crónica do primeiro día en terras danesas. Como podedes ver todos están ben, aínda que con un chisco de frío. Lembrade que tamén nos podedes seguir por facebook e por twitter.

O grupo de alumnos e profesores do  instituto chegamos  a Copenhague  ás 11:30 horas do domingo 23 de setembro.Estamos moi cansos despois de tantas horas de viaxe en autobús e logo en avión pero estamos felices por pisar estas terras tan diferentes ás nosas.

Xa fixemos un tour por Copenhague  podendo comprobar que vai bastante frío e , aínda así, os daneses andan pola rúa,sentan nas terrazas a xantar cubertos con mantas e pasean aos cativos a pé (co frío que vai) ou nunhas curiosas bicicletas con remolque, por exemplo.
Outra curiosidade foi  ver o mar cheo de muíños coma se do Faro se tratase.
Recibimos moitas explicacións da guía que nos informou da historia e das lendas locais durante o percorrido.
Agora xa sabemos onde está o Parque Tívoli;a Biblioteca Real  que conta cuns xardíns ,cunha fonte no medio (que podedes ver foto, e que , como curiosidade dirémosvos que  no Século XVII  a terra que hoxe pisamos era un anaco do Mar Báltico;O Diamante Negro ( ampliación da Biblioteca Real),; a casa onde viviu Hans Christian Andersen durante  varios anos.tamén puidemos observar unha escultura de "El Pensador" ,que din, do auténtico de Rodin na Glyptotec¨;os Pazos Reais ; e xa, por fin rematamos a visita diante de la Sirenita , símbolo da cidade , da que podedes ver foto.
maña mais.
     Onte ás 22:30 partiron cara Dinamarca O grupo de alumnos/as e de profesores/as para facer o intercambio co centro do norte dese país Hjørring Gymnasium. Neste momento xa vos podemos informar de que chegaron sen novidade a terras danesas e que se atopan na capital Copenhagen coñecendo a cidade.

21.9.12

Este sábado 22 de setembro parten cara Dinamarca un grupo de 24 alumnos e tres profesores para facer un intercambio co centro de ensino dese país: Hjørring Gymnasium. Esta viaxe está enmarcada nun proxecto de coñecemento doutras culturas e como devolución da visita que fixeron durante o curso pasado alumnos/as daneses ao noso instituto.
Seguide o día a día dos nosos alumnos en Dinamarca neste blog.

20.9.12

 Queremos comezar o novo curso con un pouco de Humor galego e para iso presentámosvos este libro que foi doado pola Deputación de Ourense.

Veña Carrabouxo é o título do máis recente libro que ten este popular personaxe coma protagonista. A obra, publicada pola Deputación de Ourense, recolle unha escolma de cadriños publicados entre 2001 e 2007 no xornal La Región. Segundo explica o seu autor, Xosé Lois, neste libro amósanse, a través dos ollos do Carrabouxo, feitos tan destacados coma a Guerra da Irak, a crise das vacas tolas ou a catástrofe do Prestige. Xosé Lois fálanos sobre o presente e futuro dun personaxe que fai parte indiscutible do humor galego.

26.6.12

Campaña en defensa da Educación Pública- Yo Estudié en la Pública


24.6.12

Iglesias, B. Galaxia. Miss Ourense
Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

22.6.12

Fernández, M. A. Un nicho para Marilyn. Galaxia. 2003. Premio de Novela Manuel García Barros, 2002

          Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos seus diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.

21.6.12

A nosa biblioteca en contra da violencia de xénero.

19.6.12

Marcos Calveiro, Centauros do norte. Rodeira. 13 anos en diante.

          Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico.  Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral  Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e  unha moza india, Reina Huarte.
Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh. 
Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e  da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood.
 

18.6.12



Gómez Cerdá, A. Barro de Medellín. 2008. Ed. Edelvives (Col. Ala Delta). Il. Xan López Domínguez. Premio Ala Delta 2008. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2009

       Para Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio de Medellín, o mellor lugar do mundo, no que o enorme edificio da biblioteca destaca como un xigante de ladrillo. Camilo ten claro que, cando sexan maiores, dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés non quere ser ladrón, aínda que ten claro que nunca se separará do seu amigo.

15.6.12


         



Cráneo, M. Os lobos de Moeche . Demo editorial. 2009.

Para os amantes da banda deseñada galega e da historia medieval, aquí presentamos "Os Lobos de Moeche", unha maneira de achegarse de xeito entretido, a un episodio da idade media galega, o das revoltas irmandiñas, que serviu de precedente a nivel europeo nos sucesivos movementos sociais que derrocaron o feudalismo.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)