28.10.20

Esta antologia de Ricardo Carvalho Calero, feita sob os cuidados de Paulo Fernández Mirás e prologada pela professora Carmen Blanco, é o resultado de uma seleção da sua poesia, a qual vai de Vieiros (1931) até Reticências… (1990), passando por poemários como Anjo de terra, Saltério de Fingoi ou Cantigas de amigo e outros poemas.



Este livro recolhe 11 artigos do professor Ricardo Carvalho Calero selecionados e comentados por 11 especialistas com um objetivo: evidenciar que o seu pensamento é mais atual do que nunca. Trata-se de títulos fundamentais na conformaçom e difusom social do reintegracionismo, o movimento de normalizaçom lingüística do Galego, concebido este como a norma nacional ou variante galega da língua internacional galego-portuguesa, e que exercêrom umha indubitável influência nas pessoas que se achegavam a este movimento ou simplesmente assumiam a unidade lingüística galego-portuguesa durante as duas últimas décadas do século passado.



O presente livro recolhe 12 textos de Ricardo Carvalho Calero publicados nas décadas de 70 e de 80 focados em diferentes ângulos da realidade linguística na Galiza. Dos textos escritos de Carvalho Calero surge umha figura erudita, reflexiva, liberal, dialogante, criativa. Um autor que convida a pensar. É isso o que pretendemos com este livro, pensar a língua com Carvalho Calero, partindo dos seus conhecimentos e reflexons, da sua experiência de velho galeguista, republicano e liberal, que resistiu a vida inteira a todas as formas de autoritarismo.



Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, nace desde as instancias do respecto e do profundo coñecemento da diversas dimensións creativas e vitais do autor de Scórpio e, sobre todo, do diálogo que se establece entre os aspectos máis puramente biográficos e aqueloutros que se reflicten na súa propia obra de creación. Velaí como Dacosta se abeira a interrogar os espazos ou territorios polos que Carvalho transitou, afonda nos ecos que a súa traxectoria política deixou e asedia todas facetas que enriquecen o seu perfil como son as de investigador, crítico, filólogo, profesor, lingüista e, loxicamente, as de creador literario, cunha especial atención ás pezas narrativas, teatrais e ensaísticas -estas últimas de toda orde- que foi cultivando ao longo da súa vida.



Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas. Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.



Velaquí a segunda xanela, a insólita, que se abre ante nós para podermos albiscar os piares da ficción científica; o xénero das preguntas sen resposta, o xénero activador do mecanismo do pensamento, o xénero dos xéneros… Acompañádenos neste breve e intenso paseo entre a época dos precursores da idea do futuro e as portas do novo milenio. Cunha parada nun capítulo exclusivo adicado á ficción científica na Galiza.



Ten nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror. Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que tratan da problemática social de Uzbekistán. Non. Está escrito por alguén como vostede, alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático, co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso. Só así se puido acadar esta obra que vostede sostén nestes intres: o mergullamento nos alicerces arquetípicos do terror, un percorrido que mostra como os símbolos fundamentais de xénero mutan e sobreviven a través das décadas, quizais como as propias criaturas… Léao. E abraie.



Comedia documental que, a partir de historias reais, explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade ao longo dos últimos 40 anos.



Longas sombras na pedra xorde como unha alternativa á historia da cidade de Compostela, un relato oficial xa de seu alicerzado na lenda. A lexitimidade á hora de recrear a historia da cidade vén dada pola súa orixe entre o literario e o fantasioso, o que permite unhas licenzas que talvez na abordaxe da historia doutra cidade non terían cabida. Esa é a proposta de partida deste volume: achegar unha nova visión arredor do nacemento de Compostela como urbe, sempre cun pouso de misterio e enigma.
Cada un dos nove relatos do libro está situado nun momento da historia da cidade, coa intención de abranguer desde o período en que esta nin sequera existe até a súa época contemporánea. Entremedias, destacan episodios tan sobranceiros como o achado do sepulcro do Apóstolo, A Inquisición ou a presenza da masonaría na cidade.



There are many different Irelands. There is the Ireland of peaceful rivers, green fields, and beautiful islands. There is the Ireland of song and dance, pubs and theatres - the country of James Joyce, Bob Geldof, and Riverdance. And there is the Ireland of guns, fighting, death, and the hope of peace.



Os Contos de soños e sombras son trece relatos breves (algúns moi breves) de terror psicolóxico, ou sexa, contos de medo que fan pensar. Algúns escritos cun toque de humor, outros cun toque de mala uva. Son contos de soños porque cando soñamos non distinguimos o real do imaxinario, e de sombras porque todos temos un lado oculto. Sabes que é iso que levas pegado e camiña á túa beira? Abre o libro e descúbreo.



Cándida tiene 15 años y quiere una moto. Su madre se niega a pesar de su insistencia. Es que la joven es un terremoto. Y con una moto... Pero Cándida es admirable y no está dispuesta a frenar.



Cegoñas no fondo da ría é unha colección de 25 “atopocronías”, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus ficción-mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra.
Manuel Lourenzo González lévanos a descubrir nestas páxinas algúns temas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, o incendio da Biblioteca Panxeica de Pontevedra, rodando Casablanca no café Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu, un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do rei Urco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xacia que chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría das terras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, as pirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no Museo Provincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unha Pontevedra na selva ecuatorial africana… cegoñas no fondo da ría.



24.10.20

 


21.10.20

Que a obra literaria de Vázquez Pintor sexa eminentemente poética non empece a visita do autor a outros xéneros, entre eles o teatral, que vemos hoxe reunido nesta fermosa antoloxía titulada "Teatro de Pintor", para indicar, talvez, unha certa condición pictórica das dez pezas, ou cando menos a súa plasticidade, que as torna máis abertas, máis respirábeis.
Da lectura das pezas contidas neste volume deducimos, en primeiro lugar, que son a obra e o traballo dun poeta, pola escolla de argumentos, linguaxes e espazos, mais tamén polas paradas metáforicas en temas e accións que denotan a vocación precisa dun director de escena.



Quem é o enigmático Scórpio? Quem é esse rapaz que cresce no Ferrol dos anos dez? Quem é esse brilhante estudante da Universidade de Santiago dos anos vinte? Quem é esse moço que embriaga de desejo as mulheres que conhece? Quem é esse novo poeta que escreve em galego? Quem é esse capitám republicano que luta contra os facciosos?
Em 1987 Ricardo Carvalho Calero publica o romance Scórpio que maravilha o mundo cultural galego e recebe o Prémio da Crítica de narrativa. Depois, o silêncio pola sua escolha ortográfica. Três décadas mais tarde, a Através Editora publica de novo o livro consciente da sua enorme qualidade literária e do seu extraordinário valor de memória histórica na recriaçom do primeiro terço do século XX.



Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético.



«Tantos anos sendo fume. Tantos anos vivindo nas esquinas da nada. Tantos anos, tantos plans, tantas preocupacións. E agora chegas ti. Esquécete de nós. Non estamos aquí». O mundo cambia; adaptarse ou morrer. A nosa sociedade aséptica e altamente tecnificada converteuse na contorna perfecta para disolver historias perdidas na néboa do tempo. «Os Discretos» vagan entre nós sen ser vistos, apenas ourizando as calugas dalgúns sagaces que logo esquecen. Sombras famentas e outros contos para ler de noite. J., home estudoso dos non-mortos, segue o seu instinto e introdúcese nun mundo esquecido de antigos perdedores, rémoras e vítimas, unha rede social oculta que resulta repelente e fascinante á vez, «abafadora» diría J. Alí, da man de Karlief, probará na súa alma o amargo murmurio da soidade dos condenados.



Unha pequena vila vive rodeada polo exército, que ten como misión impedir por todos os medios que os poboadores saian dos límites do cerco imposto. O motivo? Os habitantes sofren unha enfermidade que mata a case a totalidade dos que a padecen e, aqueles que sobreviven, gañan distintos poderes inesperados e incontrolábeis. O medo esténdese e as comunicacións co exterior acaban por cortarse de todo, polo que o nerviosismo vai medrando aos poucos. A necesidade dun líder vólvese imperiosa e Ero, o único doutor que segue en funcións na vila, ten que tomar difíciles decisións polo benestar da súa cidade mentres intenta resolver o que é o que está a pasar e o que pode facer para salvar á minguante poboación.
Esta novela, unha trepidante historia fantasía postapocalíptica onde nada é o que parece e os protagonistas deben chegar até o límite para poder sobrevivir, é a primeira obra de Alba Payo Froiz e con ela inaugúrase a Colección Alcaián, onde se publicará a narrativa dos autores noveis galegos.



Ramón Caride leva desde 1991, data na que publicou o seu segundo libro de relatos, a insistir nos seus relatos en dúas teimas: o fantástico e mais a serie negra. Nestes máis de vinte anos o percorrido dos relatos fantásticos foi ás veces incerto. Faltaba, por tanto, reunilos nun volume único para poder revisalos no seu conxunto e descubrir as liñas de continuidade e tamén as diverxencias. Isto lévanos a precisar que entende o autor por narrativa fantástica. Que nas súas propias palabras: «é sinxelamente unha forma alternativa da realidade que en determinados casos ou circunstancias se manifesta. Non é algo paralelo ao cotián, non algo por riba, nin por debaixo dela, senón algo tanxente ou interconectado con ela, como un fluído que enche os poros da realidade e enchoupa as partículas sólidas do comunmente admitido como real e verdadeiro.»



Esta obra recrea nun ambiente semimáxico os momentos tráxicos da vida de Lucía Fidalgo, dende a súa violación con trece anos á morte da súa nai e os procesos aos que a someteron por “bruxería”. Localizada no seu contexto histórico –o século XVII– e, ao tempo, nun ambiente mítico, nunha paisaxe real pero cargada de simbolismo e fantasía, reivindícase a singularidade cultural galega, eses mundos máxicos construídos polo pobo galego dos séculos escuros para transcender a realidade material de desigualdade e pobreza de gran parte da poboación, sen esquecer que no século XVIII a dispoñibilidade de producións agrarias vaia deixando atrás os meirandes pesares.



Esta obra constitúe un conxunto de contos narrados “a carón da pedra” que, tal e como indica o seu prologuista, Carlos Loureiro, “teñen que cumprir a función de ser un elo interxeracional porque unha sociedade que mira cara adiante terá sempre que empregar o retrovisor senón será unha sociedade capada... para sabermos a onde imos temor que saber de onde vimos, e ese será o obxectivo do conto popular e por iso o Manu acudirá onda o avó, o personaxe que lembra o de hai moito tempo e non o do máis presente, porque toda persoa, por moi insignificante que sexa e toda cousa pequena que faga cada día, inda que non pasen á historia, sen elas non se pode entender un país, tal e como se nos di nesta adaptación, e porque que o feito de que haxa personaxes históricos famosos non quita que sexa moi importante o que fan as persoas comúns, digamos, porque son a expresión do pobo”.



Obra teatral que amosa os puntos de vista de diferentes colectivos sociais; non achega solucións nin ofrece un carácter moralista desta realidade, senón que unicamente a trata dende unha perspectiva obxectiva e nun ton humorístico, mais inzada de crítica.



Após a Caída, o que ficaba do mundo rexurdiu baixo o despotismo ilustrado e tecnolóxico da Homologación, gobernada por seres humanos co asesoramento de poderosas IAs e que encarna os ideais do Estado convertido nun Leviatán de plena eficiencia. Toda a cidadanía, os privilexiados hoi oligoi e os comúns hoi polloi, viven en paz e participan na Narración, un fluír cultural no que se mesturan todas as influencias, movementos e obras dos séculos pasados, e onde todos poden achegar as súas ideas e gozar dos seus produtos. Nunhas décadas, todos os humanos serán yousheng, seres mellorados xeneticamente cunha intelixencia prodixiosa e alta esperanza de vida.



A vida transcorre lenta, moi lenta, no Castelo de Pena Redonda polo ano 1250. O bufón Lourenzo argalla mil andrómenas nun inútil intento de divertir o rei Ramiro I, comellón e pousafoles. Mentres, a raíña dona Elvira só está pendente de adquirir xoias e vestidos para engalanarse, e a princesa Catarina soña con viaxar e coñecer mundo. A chegada de Pancho, un enigmático e encantado príncipe portugués, virará a rutina do Castelo.



19.10.20

Angeline Rose, Elena, Estela, Iván, María, Mateo, Rebeca, Sara, Tim, Juan e Tania len fragmentos de Chiyo-ni, Ledicia Costas, Antía Otero, Gloria Fuertes, Emma Couceiro, Arancha Nogueira, Lupe Gómez, Chus Pato e Arantza Portabales (a quen pertence o último texto) para celebrar hoxe, 19 de outubro, o Día das Escritoras.

https://www.ivoox.com/dia-das-escritoras-2020-audios-mp3_rf_57981641_1.html

14.10.20

Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través dos mellores contos provenientes da illa. Partindo de 1959 coa Revolución Cubana, que abriu as portas a unha nova xeración de creadores influenciados polos autores máis recoñecidos da primeira metade do século XX, faise un percorrido cronolóxico dos diversos escritores que foron deixando o seu aporte persoal a esta rica tradición, pasando por todos os subxéneros imaxinábeis e todas as temáticas que cincuenta anos poden dar de si.

Crónicas do mañá serve como un xeito de achegarse a un xénero que desde fóra de Cuba non é tan recoñecido como debería, eclipsado ante outras manifestacións literarias que deron á illa moito máis renome. Porén, o lector quedará convencido ao ler esta selección de que a literatura cubana ten aínda moito por ofertar.



Di Lucía Aldao "Todo isto antes era noite é un libro que abre tantas cousas como pecha, que ilumina ensombrece a partes iguais. Nel trázase o mapa da aprendizaxe sentimental, e hai unha ruta nocturna que atravesa o mellor e o peor das relación coas demais e comigo mesma. Todo isto antes era noite é un paseo pola intimidade, é entrar e saír. Vas ter que ir de cañas coa autora deste libro.“



Gonzalo Hermo, Afra Torrado, Alba Cid, Antón Blanco, Celia Parra, Fran Cortegoso, Helena Salgueiro, Ismael Ramos, Lara Dopazo, María Vilas, Noelia Gómez, Jesús Castro, Olalla Tuñas, Paula Antía Rey Baliña, Tamara Andrés, Alicia Fernández, Míriam Rodríguez Seoane, Rosalía Fernández Rial

Por que ler esta antoloxía poética?
- Porque esta antoloxía reúne novos valores da literatura galega
- Porque nela poden atoparse eses "temperos nerviosos" que espertan as novas escritas
- Porque é un lugar de acceso a un pulso desaforado da palabra poética
- Porque coñeceremos 18 poetas no seu despregar



Esta obra surge de la reflexión y del debate del GAG al observar que hoy en día todavía perduran la homofobia y la transfobia: formas de discriminación por tu opción sexual o por tu identidad de género. Queremos recordar que en muchos países, estos comportamientos todavía son castigados con prisión, tortura y pena de muerte. Y en nuestra sociedad muchas personas del colectivo LGTB (Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales) siguen marchándose de pueblos o de pequeñas ciudades para vivir en otras más grandes donde el anonimato les permite expresarse como realmente son. Aún puedes sufrir despidos laborales o, como el caso de la transexualidad, puede resultar muy difícil acceder a un puesto de trabajo, a lo que hay que añadir el repudio familiar que supone en muchos casos. Este cómic es una herramienta básica para adolescentes que pretende eliminar la homofobia y la transfobia reivindicando un mundo más respetuoso e inclusivo, en el que por fin podamos alcanzar la igualdad social para todos. Porque cualquiera puede formar parte de una historieta.



Quen non xogou na súa infancia ó teléfono esnaquizado? Este é un xogo sinxelo e nada competitivo no que os participantes se divirten ó escoitar como unha mensaxe se vai distorsionando ó ser transmitida ó longo dunha cadea de oíntes. O resultado final é unha historia diferente, peculiar, curiosa e divertida, pois por algo é un xogo. "Esquecín dicirche adeus… así que adeus" é algo así, unha historia diferente, singular e agardamos que divertida no que os sucesos sofren certas deformacións porque a memoria alterada, a modo de teléfono esnaquizado, transforma as lembranzas ó seu antollo.



Sajô y Kusakabe son más o menos igual de altos, tienen la misma edad y van a la misma clase. Por lo demás, no puede decirse que tengan mucho en común. Kusakabe, de carácter inquieto y despreocupado, toca en un grupo de rock con sus amigos y deja pasar los días sin pensar mucho en el futuro. Sajô, en cambio, es un alumno modélico que no termina de encajar en ese instituto de macarras, al que nadie sabe muy bien cómo fue a parar. Un día, Kusakabe se da cuenta de que su compañero no canta en los ensayos del coro para intentar disimular su falta de oído musical, así que se ofrece a darle unas lecciones. Entre refrescos compartidos bajo el sol de verano, nace entre ellos un amor de adolescencia que crecerá con el devenir de las estaciones. De la mano, compartiendo sinsabores y alegrías, ambos se encaminarán hacia el final de sus días de instituto y el comienzo de la vida adulta.



Ten coidado co que falas, e, sobre todo, con quen falas.
En canto non teñas amigos de verdade, non te fíes.
De todo o que digas vanse enterar os Superiores.
Ten coidado tamén cando se che acerquen os Perfetos e che fagan preguntas. Só o fan para saber como pensas e para lurparte. Ao final, vano utilizar contra túa.
O P. Espiritual tamén che dirá que lle podes contar todo, que lle abras o teu corazón. Ten tamén coidado.



William Morris, un dos creadores máis interesantes de finais do século XIX, relata unha historia trepidante na que o mundo dos humanos e dos deuses se mestura para dar lugar a un deses tempos míticos que os antigos deron en chamar idades dos heroes. Esta novela foi unha das principais inspiradoras de J.R.R. Tolkien, o mestre da fantasía heroica, para o seu O señor dos aneis, e agora sae do esquecemento para entrar de cheo na literatura galega.



Ronnie Campbell has escaped from prison and Morag Mackenzie has been found murdered. Seven years ago Morag gave evidence in an Edinburgh court that sent Ronnie to prison for murder. Inspector Logan is not sure this case is as straightforward as it seems. She returns to the original crime scene in order to find out the truth.



O fútbol é cultura porque responde sempre a un determinado xeito de ser. Os xogadores actúan non só como o público esixe, senón que interpretan un mundo real no subconsciente colectivo, de tal xeito que acaba parecéndose ao lugar onde medra. Que significa pois o fútbol na sociedade galega? Alonso Eiré analiza as claves da súa implantación e desenvolvemento en Galiza. Os éxitos e os fracasos, as rivalidades e os agravios. A reivindicación dunha selección nacional galega, o fenómeno xuvenil dos siareiros, as solucións á violencia e a intensa relación entre o mundo do fútbol e a política.



Ensaios premiados neste certame literario organizado polo IES A. Xemírez I, desta volta con escritos de Iago Mora Arcas, Sofía Fariña Silva e Sara Millán Garea, con limiar de Ana Mª Alonso Rodríguez, profesora de Filosofía.





9.10.20

O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.



Clementine es una adolescente sin problemas. Un día se cruza en la calle con una pareja de chicas. Una lleva el pelo teñido de azul y le sonríe, mientras Clementine baja la vista. A partir de este preciso momento todo va a cambiar para ella: su relación con sus nuevos amigos, su sitio en la familia, sus prioridades... y sobre todo su sexualidad. Es difícil saber qué aspecto tiene el amor. El trazo de la autora propone unas perspectivas, unas posturas tan inesperadas como la vida misma. Clementine y Emma intentan amarse a pesar de las dificultades que supone la visión de la homosexualidad por parte de la sociedad actual y los propios prejuicios de Clementine. Pero descubrimos una historia de amor que, a pesar de ser trágica, podría ser la de cualquiera, y sin diluir su intensidad en una profusión de reivindicaciones sociales.



These are the stories of two of the bravest explorers of all time.

In the 13th century, Marco Polo, a 17-year-old merchant from Venice, travelled to China and met the Great Emperor, Kublai Khan. On the way, Marco discovered many exotic and fascinating things. Roald Amundsen was a 19th-century Norwegian Arctic explorer. He wanted to reach both the North and the South Pole. He sailed through dangerous storms and crossed a giant sea of ice to achieve his goals. How did he survive the extreme conditions?



Publicación coas obras gañadoras do VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, con poemas de Mario Vázquez, Ainhoa Pereiras, Marina Collazo Couñago, Daniel Souto Pazó, Andrea Sanjurjo Martínez, Laura Domínguez, Fabián Niño, Isolda Comesaña e María Quinteiro Fagín, entre outras.



No es nada fácil el abordaje de la sexualidad en la escuela. ¿Existen temas tabú? ¿Debemos enseñar más allá de lo estrictamente morfológico? El amor, la afectividad, las relaciones entre personas, ¿forman parte del currículo que hemos de impartir? ¿No es la familia el lugar adecuado para hablar de estos temas? En este libro se aportan reflexiones y se proponen soluciones a estos y otros muchos interrogantes que nos hacemos respecto a cómo abordar en el aula las relaciones afectivas y sexuales de nuestros alumnos y alumnas, desde la etapa infantil hasta la educación secundaria.



2.10.20

1.10.20

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (23) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (22) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (4) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (5) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (2) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (89) narrativa francés (1) narrativa galego (87) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (18) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (28) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (7) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (13) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)