28.2.13

 "Bienvenidos al Norte". Dany Boon. (2008)
Phillippe Abrams (Kad Merad) é un carteiro ao que destinan, en contra da súa vontade, a Bergues, unha viliña na fronteira con Bélxica. Pero, cando chega alí, encóntrase cun lugar idílico e xentes encantadoras. De todos os xeitos, á súa muller (Zoé Félix), da que está bastante distanciado, asegúralle que vive nun auténtico inferno, co fin de espertar a súa compaixón. Pero un día ela decide ir a velo. Entón Abrams pídelles aos seus novos amigos e veciños que representen unha farsa e se comporten de forma que pareza que a vida nesa vila é verdadeiramente un pesadelo.

25.2.13

           Xa temos o gañador de Relatos con Banda Sonora. Nesta ocasión foi Ángel Cidre co relato "Solo un sueño". Aquí o tedes co diploma acreditativo e arroupado polos compañeiros de clase e polos outros finalistas. Parabéns.

22.2.13

O día 21 de febreiro, na biblioteca do centro, fíxose a entrega aos gañadores do concurso de acrósticos de San Valentín dos premios correspondentes. O primeiro premio foi para Ana Doval, o segundo para Tamara Vázquez e o xurado concedeu tamén un accésit a José Luís Rodríguez. Parabén aos premiados e seguide participando en todas as actividades programadas.

20.2.13


Hoxe 20 de febreiro no auditorio da Biblioteca de Galicia, na cidade da cultura fíxose a  presentación do proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Nesta presentación estivemos, ademáis dos centros seleccionados para este plan piloto, os responsables da biblioteca do CEIP Mestre Valverde Mayo, de Mos (Pontevedra) e da biblioteca do IES Lama das Quendas para compartir as nosas experiencias co uso destes dispositivos que empregamos dende hai algún tempo.
Se queredes coñecer máis sobre estas presentación aquí tedes os enlaces. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507   e   http://www.edu.xunta.es/web/node/8667


18.2.13

18 comidas de Jorge Coira. (2010)
18 comidas conta seis historias ao longo dun único día de ficción. Unha película de formato pouco convencional -con guión pero con diálogos abertos á improvisación- que viaxa a través de dezaoito comidas -almorzos, xantares e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida.

14.2.13




As voces baixas

Manuel Rivas. Xerais (2012)

EDICIÓN LITERARIA,NARRATIVA
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor da existencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos

10.2.13

Cartas de inverno. Novela gráfica. Antonio Seijas. Xerais(2012)

Baseado na novela de Agustín Fernández Paz
Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea. // Di Agustín Fernández Paz: “Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada.

6.2.13

Ética de urgencia. Fernando Savater. Ariel (2012)

A política, o 15-M, as novas tecnoloxías, Internet e as descargas ilegais, os abusos de poder, as contradicións do capitalismo, a forza e a debilidade da democracia, pero tamén a beleza, a morte, a solidariedade...

Como saber os que pensan os mozos? Preguntándollo. Unha resposta aparentemente sinxela, que esconde unha gran dificultade. Porque hai que saber preguntar, hai que saber poñerse no lugar dos mozos, gañar a súa confianza. Escoitar e á vez aconsellar, opinar, posicionarse... Fernando Savater realizou unha serie de encontros con alumnos novos e respondeu ás inquietudes que lle formulaban.

De aí, saíu este libro, esta ética de urxencia, que nos avisa das inquietudes dos que gobernarán o mundo do mañá. Unha obra que representa o regreso de Fernando Savater ao diálogo cos adolescentes sobre as cuestións morais que máis lles preocupan; o territorio onde obtivo o seu maior éxito editorial: Ética para Amador.

Un libro que recupera a confianza no poder do diálogo para convencer e avanzar. Unha travesía que garda un asombroso parecido coas preocupacións do resto de cidadáns, pero expresadas co entusiasmo, o pulo, a indignación e a urxencia dos que en breve herdarán as responsabilidades do mundo.

4.2.13

El pequeño Nicolás. Lauren Tirard (2009)
Chega "El Pequeño Nicolás", a adaptación ao cine do popular personaxe creado para o teatro por Jean-Jacques Sempé e René Goscinny.


O argumento céntrase en Nicolás, un rapaz cunha vida tranquila, uns pais que lle queren, unha panda de amigos "fenómenos" cos que se divirte moito e non ten ningunha gana de que cambien as cousas.


Non obstante, un día o noso protagonista escoita unha conversación entre os seus pais que lle fai pensar que a súa nai está embarazada. Éntralle o pánico e ponse no peor: pronto chegará un irmán, que ocupará tanto espazo que os seus pais xa non poderán ocuparse del e rematarán mesmo abandonándoo no bosque, como a Pulgarcito.

1.2.13


Antología del humor español.Varios Autores. Selección de Vicente Muñoz Puelles. El árbol de la lectura, Oxford.(2012) Castelán
Argumento
«A la hora de escribir», dijo el autor francés Rabelais, «más vale provocar la risa que las lágrimas, porque la risa es lo propio del ser humano.» La risa y su compañera la sonrisa nos ayudan a ser más felices y a ver el mundo de otra manera. Se suele decir que el humor español es más bien negro, que tiene tonos sombríos. Quizá haya algo de eso, pero el lector también encontrará en esta antología páginas llenas de intuición, diversión y gracia, que abarcan desde el reflexivo ingenio de El conde Lucanor a la imaginación desbocada de Ramón Gómez de la Serna.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)