30.9.12

    Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.

Dinamarca-Suecia


O sábado  saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring cara Frederiksshavn onde collemos o barco para  chegar a cidade sueca de Goteborg.

Foi unha preciosa viaxe nun enorme barco onde os rapaces o pasaron moi ben.

De Goteborg puidemos ver pouco pero deunos tempo de pasear polo barrio antigo, de ver o edificio da opera e de comparar o estilo de vida desta cidade, a segunda máis grande de Suecia, co estilo de Dinamarca e de España.

Regresamos ás 20:30 moi canso e dispostos a  aproveitar o pouco tempo que nos queda aquí.

O domingo e o día coas familias e xa cara a noite  xuntarémonos todos no Instituto para compartir as últimas horas en Hjorring e saír en autobús cara Copenhagen e coller o avión de volta a España.

A  viaxe de regreso contarémosvola en persoa.

28.9.12

As novas tecnoloxías na biblioteca
  
        Este ano poñemos a túa disposición dous lectores de e-books que poderás solicitar na biblioteca por un período máximo de 15 dias. Estes lectores son de tinta electrónica, a última tecnoloxía que permite ler sen danar a vista.
Para saber como tes que facer para pedilo en préstamo non esquezas  ler o tríptico de normas de préstamo que está neste blog ou senón acércate a consultalo na biblioteca. Tamén te informamos de que se ti xa tes o lector so
tes que traelo e nós cargámosche o libro que desexes do listado que podes ollar neste blog ou na biblioteca.


       Normas de uso:



   

 Impreso de aceptación das condicións do préstamo.

 

27.9.12

Cuarto día en Hjorring

A continuación podedes ler a crónica do cuarto día en Hjorring que nos chegou recentemente dende Dinamarca.
Hoxe tocou dia de clase no Hjorring Gymnasium. As 8:05 comezar os alumnos coa clase de  Música co profesor Soren nunha das aulas de música do centro.Os nosos atrevéronse cunha canción nun dialecto danés que cantaron moi ben como se pode apreciar no vídeo.

As seguintes clases foron de Relixión  cun profesor que tamén imparte español  e que programou unha sesión na que se falase  dos puntos de encontro e diferenzas entre a relixión católica e a protestante , maioritaria neste país.Outro grupo  foi a clases de español con Nina, a profesora encargada do intercambio aquí en Dinamarca onde os rapaces traballaron con daneses e mesmo unha rapaza francesa que esta en Hjorring de intercambio.

A última parte da mañá dedicouse a presentación de Galicia que os nosos alumnos fixeron aos  alumnos daneses. Logo fixeron uns xogos por grupos en español, galego e  inglés. E ao rematar comemos "Torta dos soños", típica dunha cidade do oeste de Dinamarca, a base de biscoito e coco. Aínda tivo tempo Juan, o profesor de música , de ensinarlles uns pasos da muiñeira de Chantada.

As 15:15 demos por rematado o dia lectivo.

Todos estamos ben, contentos e aprendendo moitas cousas.

Incluímos fotos  da clase de música, da de español e outras do instituto para que vexades onde pasamos estes dias. A maioría son corredores, salas  onde os rapaces agardan tranquilamente o comezo das clases ou onde realizan tarefas marcadas polos profesores. Eles tamén teñen varios patios con árbores, xardíns...

Mañá imos a Aalborg . Agardamos poder enviar imaxes e a crónica da xornada.

26.9.12

Mércores,26 de setembro


 Hoxe comezou o dia a hora de sempre para ir ao Gymnasium desde onde partimos, as 8:30 h , cara  o norte da Dinamarca. A paisaxe foi cambiando segundo nos achegabamos ao mar.Xa non hai arbores senón area cuberta de vexetación baixiña.Vense coma pequenas dunas polo movemento da area co vento. A area tapou  a igrexa de Den Tilsandede  da que so asoma a parte superior.





Chegamos a vila de Skagens onde visitamos o Skagens Museum onde hai cadros de pintores e pintoras impresionistas.nel se atopa un cadro de Marie Kroyer que retrata "a muller mais fermosa de Dinamarca".



Nese mesmo lugar visitamos unha pequena pastelería onde venden os caramelos que eles mesmos elaboran.Puidemos asistir a unha demostración e degustar algún deles.

A continuación dirixímonos a punta mais norte de Dinamarca. Mirade o mapa e a puntiña mais ao norte foi pisada,hoxe, polos rapaces do noso instituto e os daneses que nos empanaban. Por certo , algún dos nosos comentou que ,como a marea estaba baixa, nos fomos mais ao norte que outros visitantes con marea alta.recorremos unha leiguísima praia para chegar  alí mesmo onde o mar Báltico e o Mar do Norte se xuntan.



Continuamos a excursión , xa pasada por auga, coa visita a unha zona das mais altas de Dinamarca:200 metros. Dada a súa altitude os alemáns utilizárona para construír centos de bunkers, algúns dos cales puidemos visitar




Finalmente iniciamos o regreso ao Hjørring Gymnasium para as 16 horas e cada chantadino marchou coa súa familia danesa.

   Ata aquí chega a información desta xornada que nos foi enviada por M.C. Pérez dende Hjørring.

25.9.12

Tratamento que fai da nova do intercambio con Dinamarca a televisión local Televinte. 



 Xa podedes seguir os acontecementos de hoxe no diario que nos enviou dende Dinamarca Mª C. Pérez.



Amencemos en Hjorring. Ás oito todos estabamos no  Instituto e comezamos dividindo os nosos alumnos en tres grupos para asistir a clases de español.despois tiveron dúas intensas horas de baile.Aprenderon o baile da festa fin de curso cos alumnos de intercambio daneses.Os nosos teñen moito ritmo e pode que o bailen o dia da despedida










Despois dos 35 minutos que tivemos para xantar os rapaces foron a clase de danes para preparar a visita que faremos ao  museo de Skagen maña martes .Aínda tiveron unha clase mais de inglés  incorporándose ,en grupos de oito ,nas sesións lectivas do Gymnasium



O ultimo que fixemos dentro do horario escolar ,das 14.25 as 16 horas,  foi o tour pola vila .Mentres chovía a mares visitamos  o centro comercial Metropol,dentro do cal curiosamente,hai unha biblioteca.Un grupo de estudantes daneses leváronnos ata a Praza da Fonte onde a auga segue o ritmo da musica clásica que se escoita e detrás da cal había o Parque Christiansgave. Despois  pasamos por diante do Museo de Historia.e finalmente  entramos na igrexa de Santa Catharinae.

A xornada escolar fíxose moi longa porque dende as  oito da mañá ata as catro da tarde realizamos tantas actividades que   nos fan ter a sensación de que xa son as oito da tarde cando ven de sonar o timbre de saída.

Seguiremos informando.



   Aínda que un pouco retrousadas chegáronnos algunhas instantáneas da recepción que tivo o alumnado do noso centro en  Hjørring, o 24 de setembro ás 7:45 da noite, así como un pequeno comentario da xornada.







No instituto recibiunos a Directora e varios profesores e os alumnos que recibían aos nosos moi agarimosamente.Ceamos xuntos  a comida que prepararan os mesmos alumnos e compartimos animadamente o tempo todos xuntos.Antes dos postres, ensináronnos o centro e despois cada un fomos  coas nosas familias para  descansar porque moitos tivemos  que erguernos as 6:00 horas.



24.9.12

   Hoxe foi un día de viaxe en autobús e como non había moito que contar, a parte do cansazo e da recepción no instituto, xa pola noite, non recibín imaxes da xornada. Así que podedes ver algunhas fotos de onte en Copenhague.
 Agardamos poder informarvos desta xornada mañá con máis detalle.


23.9.12

Chéganos dende Copenhague a crónica do primeiro día en terras danesas. Como podedes ver todos están ben, aínda que con un chisco de frío. Lembrade que tamén nos podedes seguir por facebook e por twitter.

O grupo de alumnos e profesores do  instituto chegamos  a Copenhague  ás 11:30 horas do domingo 23 de setembro.Estamos moi cansos despois de tantas horas de viaxe en autobús e logo en avión pero estamos felices por pisar estas terras tan diferentes ás nosas.

Xa fixemos un tour por Copenhague  podendo comprobar que vai bastante frío e , aínda así, os daneses andan pola rúa,sentan nas terrazas a xantar cubertos con mantas e pasean aos cativos a pé (co frío que vai) ou nunhas curiosas bicicletas con remolque, por exemplo.
Outra curiosidade foi  ver o mar cheo de muíños coma se do Faro se tratase.
Recibimos moitas explicacións da guía que nos informou da historia e das lendas locais durante o percorrido.
Agora xa sabemos onde está o Parque Tívoli;a Biblioteca Real  que conta cuns xardíns ,cunha fonte no medio (que podedes ver foto, e que , como curiosidade dirémosvos que  no Século XVII  a terra que hoxe pisamos era un anaco do Mar Báltico;O Diamante Negro ( ampliación da Biblioteca Real),; a casa onde viviu Hans Christian Andersen durante  varios anos.tamén puidemos observar unha escultura de "El Pensador" ,que din, do auténtico de Rodin na Glyptotec¨;os Pazos Reais ; e xa, por fin rematamos a visita diante de la Sirenita , símbolo da cidade , da que podedes ver foto.
maña mais.
     Onte ás 22:30 partiron cara Dinamarca O grupo de alumnos/as e de profesores/as para facer o intercambio co centro do norte dese país Hjørring Gymnasium. Neste momento xa vos podemos informar de que chegaron sen novidade a terras danesas e que se atopan na capital Copenhagen coñecendo a cidade.

21.9.12

Este sábado 22 de setembro parten cara Dinamarca un grupo de 24 alumnos e tres profesores para facer un intercambio co centro de ensino dese país: Hjørring Gymnasium. Esta viaxe está enmarcada nun proxecto de coñecemento doutras culturas e como devolución da visita que fixeron durante o curso pasado alumnos/as daneses ao noso instituto.
Seguide o día a día dos nosos alumnos en Dinamarca neste blog.

20.9.12

 Queremos comezar o novo curso con un pouco de Humor galego e para iso presentámosvos este libro que foi doado pola Deputación de Ourense.

Veña Carrabouxo é o título do máis recente libro que ten este popular personaxe coma protagonista. A obra, publicada pola Deputación de Ourense, recolle unha escolma de cadriños publicados entre 2001 e 2007 no xornal La Región. Segundo explica o seu autor, Xosé Lois, neste libro amósanse, a través dos ollos do Carrabouxo, feitos tan destacados coma a Guerra da Irak, a crise das vacas tolas ou a catástrofe do Prestige. Xosé Lois fálanos sobre o presente e futuro dun personaxe que fai parte indiscutible do humor galego.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (9) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (28) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (315) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (5) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (24) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)