
Onte recibimos a visita de María Solar, escritora e xornalista ( ademais doutras moitas cousas que nos contou). Chegou da man da Editorial Anaya-Xerais, á que lle damos as grazas, para ter un encontro con alumnos do noso instituto: 1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato. Arredor de 120 estudantes que escoitaron engaiolados os comentarios que a autora fixo sobre os libros...