O Club de Lectura deste centro, A Quenda do Libro, en colaboración coa biblioteca, promove un mercado de libros de segunda man que terá lugar na semana que vai dende o 23 ao 27 de abril, como unha forma máis de conmemorar o Día do Libro.
O funcionamento desta actividade é o que segue: ata o día 23 de abril, tanto o alumnado como o profesorado ou calquera outra persoa vencellada a este centro educativo irá achegando libros que xa non utilicen (en galego ou castelán, tamén en inglés, francés ou portugués), pero que estean en bon estado e poidan resultar de interese para outras persoas; no caso dos rapaces, cada obra que entreguen cambiaráselles por un vale de compra; no caso dos adultos, as doazóns serán totalmente desinteresadas.
Despois, durante os días sinalados, durante o recreo, algúns alumno/as que habitualmente colaboran no Club de Lectura atenderán o lugar de venda de libros, acompañados por un profesor/a. O prezo dos libros é simbólico (será o mesmo para todos, un euro ou un vale de compra, no caso dos estudiantes que doaron libros): o que se pretende é que a maioría do alumnado se anime a mercar algún libro. O profesorado tamén pode intervir como comprador, pero o obxectivo é que o alumnado leve libros –por iso o prezo é só dun euro.
Dende a biblioteca animámosvos a participar neste mercado, tanto doando libros como mercándoos.
18.4.12
Entradas relacionadas:
Ler baixo unha árbore 2016Dentro dos actos que o club de lectura e a biblioteca prepararon para o día do libro están a exposición de fotos que se mostran na biblioteca do centro baixo o lema Ler baixo una árbore. Nesta mostra poderás ver todas as foto… Read More
Ler baixo unha árbore… Read More
Día do libro Para celebrar o día do libro, na biblioteca, tivemos unha xuntanza todas as seccións do club de lectura "A Quenda do Libro". Nesta reunión puidemos escoitar os diferentes puntos de vista sobre o problema, moi actual, … Read More
Día do libro 2016 Este venres 22 de abril para celebrar o día do libro, ás 11:15 na biblioteca do centro, teremos unha reunión conxunta de todas as seccións do club de lectura para comentar o libro Mentira de Care Santos. Aga… Read More
Ler baixo unha árbore (fotos)Aquí podedes ver unha selección de fotos da campaña ler baixo unha árbore. Agardamos que vos gusten e que aproveitedes a ler na natureza que ademais de prestar é moi saudable. … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario