Henning Mankell, La ira del fuego. Debolsillo (2010)
Por fin chega o terceiro libro de Mankell sobre Sofia. A historia da loita dunha moza contra a pobreza e a inxustiza, os seus sentimentos, as súas dúbidas, nun dos países do mundo máis pobres e devastados pola guerra: Mozambique. Algo vai mal, moi mal. De pronto, Armando volve cada vez máis tarde polas noites e, a pesar de que os ingresos do taller de coches son escasos, leva roupa nova. Non obstante, Sofía e os tres nenos non reciben nada. Cando as peores sospeitas de Sofía se confirman, o engano é un feito. En lugar de tragar a ira, Sofía decide irse polo seu propio camiño. Pero o prezo será elevado... para todos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario