Xa podedes seguir os acontecementos de hoxe no diario que nos enviou dende Dinamarca Mª C. Pérez.
Amencemos en Hjorring. Ás oito todos estabamos no Instituto e comezamos dividindo os nosos alumnos en tres grupos para asistir a clases de español.despois tiveron dúas intensas horas de baile.Aprenderon o baile da festa fin de curso cos alumnos de intercambio daneses.Os nosos teñen moito ritmo e pode que o bailen o dia da despedida
Despois dos 35 minutos que tivemos para xantar os rapaces foron a clase de danes para preparar a visita que faremos ao museo de Skagen maña martes .Aínda tiveron unha clase mais de inglés incorporándose ,en grupos de oito ,nas sesións lectivas do Gymnasium
O ultimo que fixemos dentro do horario escolar ,das 14.25 as 16 horas, foi o tour pola vila .Mentres chovía a mares visitamos o centro comercial Metropol,dentro do cal curiosamente,hai unha biblioteca.Un grupo de estudantes daneses leváronnos ata a Praza da Fonte onde a auga segue o ritmo da musica clásica que se escoita e detrás da cal había o Parque Christiansgave. Despois pasamos por diante do Museo de Historia.e finalmente entramos na igrexa de Santa Catharinae.
A xornada escolar fíxose moi longa porque dende as oito da mañá ata as catro da tarde realizamos tantas actividades que nos fan ter a sensación de que xa son as oito da tarde cando ven de sonar o timbre de saída.
0 comentarios:
Publicar un comentario