Chéganos dende Copenhague a crónica do primeiro día en terras danesas. Como podedes ver todos están ben, aínda que con un chisco de frío. Lembrade que tamén nos podedes seguir por facebook e por twitter.
O grupo de alumnos e profesores do instituto chegamos a Copenhague ás 11:30 horas do domingo 23 de setembro.Estamos moi cansos despois de tantas horas de viaxe en autobús e logo en avión pero estamos felices por pisar estas terras tan diferentes ás nosas.Xa fixemos un tour por Copenhague podendo comprobar que vai bastante frío e , aínda así, os daneses andan pola rúa,sentan nas terrazas a xantar cubertos con mantas e pasean aos cativos a pé (co frío que vai) ou nunhas curiosas bicicletas con remolque, por exemplo.
Outra curiosidade foi ver o mar cheo de muíños coma se do Faro se tratase.
Recibimos moitas explicacións da guía que nos informou da historia e das lendas locais durante o percorrido.
Agora xa sabemos onde está o Parque Tívoli;a Biblioteca Real que conta cuns xardíns ,cunha fonte no medio (que podedes ver foto, e que , como curiosidade dirémosvos que no Século XVII a terra que hoxe pisamos era un anaco do Mar Báltico;O Diamante Negro ( ampliación da Biblioteca Real),; a casa onde viviu Hans Christian Andersen durante varios anos.tamén puidemos observar unha escultura de "El Pensador" ,que din, do auténtico de Rodin na Glyptotec¨;os Pazos Reais ; e xa, por fin rematamos a visita diante de la Sirenita , símbolo da cidade , da que podedes ver foto.
maña mais.
0 comentarios:
Publicar un comentario