Era por setembro Xabier Quiroga. Xerais (2004)
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais. A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con “Era por setembro” (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.
16.11.12
Entradas relacionadas:
Cadeas A obra gañadora do último premio xerais de novela. Cadeas de Xabier López López. NARRATIVA. Xerais-2013 Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á… Read More
El Juego de Ripper El Juego de Ripper de Isabel Allende. (2014) Tal como predixo a astróloga máis reputada de San Francisco, unha ondada de crimes comeza a sacudir a cidade. Na investigación sobre os asasinatos, o inspector Bob Mart… Read More
El amante de la mujer árbol El amante de la mujer árbol de Xavier B. Fernández. (2014) Alianza literaria. XV premio Unicaja de Novela Fernando Quiñones. Para sobrevivir a la rutina tediosa del geriátrico, Liberto decide escribir el relato de su vida. … Read More
Brújulas que buscan sonrisas perdidas Brújulas que buscan sonrisas perdidas de Albert Espinosa. (2013) O amor verdadeiro, a familia, a vinganza, as segundas oportunidades, a sinceridade... Na súa nova novela, Albert Espinosa somérxenos nunha emocionan… Read More
La casa de los amores imposibles La casa de los amores imposibles de Cristina López Barrio:(2010) Clara Lagoa é unha fermosa adolescente dun pobo castelán de principios do século XX. Cando se namora perdidamente dun facendado andaluz, a súa … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario