Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análise territorial, partindo dun enfoque integral no que se investiga a complexa realidade que caracteriza as sociedades actuais cunha óptica xeográfica. Nesta obra abórdanse cuestións clásicas como as que fan referencia aos sectores da pesca, da agricultura, da poboación ou do comercio... pero tamén, cun punto de vista adaptado para entender os procesos globais que definen hoxe os lugares, outros aspectos como a multiplicación de centros comerciais, a nova concepción dos espazos urbanos, o tránsito desde a emigración á inmigración, ou as significativas transformacións do sector primario. Con esta nova Xeografía de Galicia realízase unha achega que actualiza a análise territorial no noso país, incorporando temas novidosos que, malia formaren parte do universo xeográfico, non sempre ocuparon o seu centro: o medio ambiente, o turismo, as relacións internacionais; ou aspectos tan relevantes da cultura como a lingua.Xeografía de Galicia foi elaborada por un amplo equipo de profesionais vencellados aos estudos xeográficos e á Universidade de Santiago. Forman parte dunha xeración que está a asistir a profundas transformacións sociais, culturais, ambientais e económicas de carácter global, mais que teñen unhas evidentes implicacións territoriais de tipo local. Se non se entenden unhas e outras, a nosa capacidade de supervivencia será moito máis complicada.
Xeografía de Galicia
Xeografía de Galicia
María José Piñeira Mantiñán .Xosé Manuel Santos Solla
XERAIS UNIVERSITARIA,HISTORIA E XEOGRAFÍA (2011)
Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análi…Read More
Chantada e A UlloaGalicia está chea de ríos, montes, praias, carballeiras e infinidade de recunchos que sempre serven de inspiración para calquera manifestación artística como a pintura, a poesía, a literatura, a música, o canto ou o baile. Ne…Read More
Antártida. La vida en el límiteDurante el verano austral de los años 1994 y 1995, un equipo de biólogos marinos inició una de las aventuras científicas más apasionantes. Este grupo de investigadores pretendía desarrollar el proyecto Bentart, con el objetiv…Read More
O Couto Mixto, Máximo Salinas ValenciaNesta obra o autor fai unha descrición socioeconómica do Couto Mixto e a súa área de influencia. Vén ser, como se dixeramos, unha impresión panorámica da vida e dos medios que protagonizaron as xentes daquela xeografía. Salie…Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario