26.2.14
Hoxe no salón de actos do IES Lama das Quendas tivo lugar a proxección do documental "Asolagados" dirixida polo chantadino David Vázquez Vázquez e que foi organizada pola Biblioteca e polo departamento de Xeografía e Historia. Previamente o alumnado fixo unha labor de investigación localizando historias de familiares ou amigos que se viron afectados por a construción do encoro.
Despois do visionado do filme houbo un pequeno coloquio co director do documental no que os rapaces/as de primeiro de ESO lle trasladaron todas aquelas inquedanzas que lles xurdiron despois da proxección e durante a busca de información. A experiencia resultou moi enriquecedora para o alumnado que coñeceron de cerca toda a problemática que ocasionou a construción do embalse de Belesar.
Dende aquí queremos agradecerlle a David a súa colaboración desinteresada no desenvolvemento desta actividade ao tempo que lle facemos chegar a nosa felicitación por tan estupendo traballo.
Entradas relacionadas:
Comezamos a Fume de Qarozo!!! … Read More
Proxección do documental "Asolagados" Hoxe no salón de actos do IES Lama das Quendas tivo lugar a proxección do documental "Asolagados" dirixida polo chantadino David Vázquez Vázquez e que foi organizada pola Biblioteca e polo departamento de Xeografía e Hist… Read More
O Moredo Onte, venres, proxectouse no noso centro o documental "O Moredo" que trata dunha das tradicións máis ancestrais da ribeira de Chantada, o entroido. Esta actividade estivo encamiñada a dar a coñecer ao alumnado de 3º … Read More
Presentación do documental do primeiro Lamañazo... Presentación do documental da primeira edición do Lamañazo no Cinema Palleiriso en Garabelos da man do Castañazo Rock.Grazas a todas as persoas que por alí se pasaron a compartir verbas e opinións, cantos, músicas e poe… Read More
Asolagados no IES Lama das QuendasOnte proxectouse o documental "Asolagados" Hoxe podedes ver a reportaxe que fixo Televinte do acto. … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario