Ámote Leo A. Estación de tránsito de Rosa Aneiros. (2014) Xerais. Infantil e xuvenil.
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme.
Estación de tránsito é a segunda entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño? Acompáñaa e déixate seducir por un mundo fascinante da man da infatigable Leo A.
8.4.14
Entradas relacionadas:
A cova da moura Dúas historias paralelas, a de Malena e a de Cleofar, que nos fan reflexionar acerca da lacra social que supón a violencia machista en todas as súas vertentes, e do pouco que cambiaron as cousas dende a época medieval ata a … Read More
Selma se connecteUnha historia na que as novas tecnoloxías interveñen. para ler en francés. Selma se connecte de Régine Boutégège Ed. Vicens Vives.2015 Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NON… Read More
A irmandade secretaUn reloxo máxico gardado en segredo durante varias xeracións vai mudar para sempre o destino de tres xóvenes. A irmandade Secretade Vera Sacramento e Sara Rodi Livro I do Portal do Tempo Ed. Alfaguara.2013 Ao… Read More
Fóra do normal Os prexuízos contra o colectivo trans materializanse a través dun entorno que nega a identidade de André que busca atoparse e loita contra a ansiedade, que lle produce un pai que catalogou o seu fillo de monstruita,… Read More
Mamá, quero ser Ziggy StardustUnha nena que non se identifica co sexo e xénero asignado ao nacer e que sente unha admiración especial por todo canto representa a figura de Ziggy Stardust, é dicir, a súa androxinia e a súa música. Mamá, quero … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario