11.11.14

Xa temos a terceira e última entrega da triloxía Ámote leo A.

Ámote Leo A. Terminal de... chegadas? de  Rosa Aneiros . Xerais (2014)

Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014

«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos… Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de… chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?(Xerais)
A min

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2017

A nosa biblioteca

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

Adolescencia (7) Agasalla cun préstamo (3) Amizade (51) Amor (49) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (18) Banda deseñada (45) Biblioteca (1) Botellón poético (1) Campañas (6) Ciencia (6) Ciencia ficción (21) Cine (21) Cine de animación (9) Club de lectura (31) Colaboracións alumnos (7) Colaboradores da biblioteca (7) Concursos (14) Conmemoracións (10) Consumo (3) Contos (9) Correlingua (2) Culturas (4) Curtas (4) Deporte (1) Detectives na biblioteca (13) Día da poesía (2) Día das bibliotecas (2) Día do libro (19) Discriminación (2) Documentais (6) e-Book (2) E. Ambiental (1) E. Moral e Cívica (10) E. para a saude (6) Ecoloxía (2) Educación emocional (1) Educación sexual (4) Emigración (3) Encontros con autores (18) Ensaio (3) Ensino público (3) Entroido (6) Espionaxe (7) Explotación infantil (1) Fantástico (7) Filosofía (4) Fomento da lectura (20) Fotos (1) Futbol (1) Guías (1) Guías de lectura (3) Haikus (1) Halloween (2) Historia (6) Histórico (19) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (4) Igualdade (16) Inglés (2) Internet (1) Intriga (11) Justicia (1) Letras galegas (266) Liberdade (3) Libros dixitais (3) Lingua (2) Literatura xuvenil (199) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (24) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (2) Mercado de libros (13) Misterio (22) Muller (10) Música (6) Narrativa (157) Paz (13) Poesía (249) Policíaco (35) Portugués (2) Prehistoria (1) Recomendacións de lectura (6) Relatos con banda sonora (10) Relixión (3) Salvando libros (1) San Valentín (10) Semana da poesía (7) Solidariedade (22) Superación (2) Suspense (12) Teatro (2) Terror (14) Tolerancia (18) Tradicións (9) Un ano de poesía (230) Viaxes (4) Violencia de xénero (16) Xeografía (1) Xogos populares (4)