20.6.15

Desde o noso Club de lectura "A Quenda do Libro" chégannos estes consellos para pasar un bo verán.
Aínda non chegou o estío pero parecera pola calor abafante destes días. Certo que ata o domingo non vén o verán  pero xa están aquí as vacacións para os escolares. Esas que  comezades hoxe , e que vos dispensan de asistir ao Lama das Quendas e todo o que iso significa.
Sabedes o que fago sempre que rematan as clases: douvos consellos que algúns tomades e outros deixades. E desta volta, non me vou privar de facer extensibles as recomendacións a tod@s @s integrantes de A Quenda do Libro e tod@s  @s que  cheguedes a ler  estas liñas, adicadas a vós coa mellor das intencións.

                                                    Oito consellos que non son moitos
                                              Neste verán...
 
1.-Ten un libro a man.Goza mergullándote nas súas páxinas.Vive novas vidas en diferentes  lugares e nas épocas máis diversas.Pero le porque che peta, porque queres e che da a gana.

 
 2.- Comparte o tempo de vacacións coas persoas que queres, sexan familiares ou amig@s. E non perdas a ocasión de dicirlles canto amor sentes por eles e o content@ que estás de poder vivir na súa compaña.



3.-Dende que te ergas ata que te deites, sé positiv@ , mira a vida coas gafas do optimismo e traballa para conseguir que ao teu carón reine a felicidade.




4.-Vivimos nunha vila privilexiada pola súa paisaxe tan diversa e fermosa.Síntete en contacto coa natureza  e contribúe ao seu coidado.




 
5.- Fai actividades.Todas as que poidas.E usa todo o que aprendiches neste curso que rematou.Lembra que así pensarás máis e serás unha persoa máis crítica e por tanto máis libre.



6.- Neses momentos de tristura ou problemáticos, que tod@s temos, sería convinte que  escribiras, que plasmaras nun papel como te sentes.Recorda que a escrita axúdache a compartir a carga do corazón.

 7.-Vive con intensidade e fai recolleita das forzas precisas para perseguir os teus soños.



                                                                                   
8.-Sé, no amplo sentido da palabra, unha persoa boa.




 Así te queremos: lector , familiar, amigable , cariñoso,optimista, coidadoso, activo, reflexivo , escritor,vital e bo.

Felices vacacións!!!
A min

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2017

A nosa biblioteca

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

Acoso (1) Adolescencia (8) Agasalla cun préstamo (3) Amizade (64) Amor (62) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (20) Banda deseñada (50) Biblioteca (3) Botellón poético (1) Campañas (6) Ciencia (7) Ciencia ficción (21) Cine (21) Cine de animación (9) Club de lectura (32) Colaboracións alumnos (7) Colaboradores da biblioteca (8) Concursos (14) Conmemoracións (12) Consumo (3) Contos (10) Correlingua (2) Culturas (4) Curtas (4) Deporte (1) Detectives na biblioteca (13) Día da poesía (2) Día das bibliotecas (3) Día do libro (19) Discriminación (2) Documentais (6) e-Book (2) E. Ambiental (1) E. Moral e Cívica (12) E. para a saude (8) Ecoloxía (2) Educación emocional (1) Educación sexual (5) El bostezo del puma (1) Emigración (3) Encontros con autores (18) Ensaio (3) Ensino público (3) Entroido (6) Espionaxe (7) Explotación infantil (1) Fantástico (8) Filosofía (4) Fomento da lectura (20) Fotos (1) Futbol (1) Guías (1) Guías de lectura (3) Haikus (1) Halloween (2) Historia (6) Histórico (22) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (4) Igualdade (19) Inglés (2) Internet (1) Intriga (11) Justicia (1) Letras galegas (266) Liberdade (4) Libros dixitais (3) Lingua (2) Literatura xuvenil (223) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (28) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (3) Mercado de libros (14) Misterio (25) Muller (10) Música (6) Narrativa (171) Paz (15) Poesía (253) Policíaco (36) Portugués (2) Prehistoria (1) Recomendacións de lectura (6) Relatos con banda sonora (10) Relixión (3) Salvando libros (1) San Valentín (10) Semana da poesía (7) Solidariedade (25) Superación (2) Suspense (12) Teatro (3) Terror (15) Tolerancia (18) Tradicións (9) Un ano de poesía (230) Viaxes (4) Violencia de xénero (17) x (1) Xeografía (1) Xogos populares (4)