Luar no inferno de Miguel Anxo Fernández (2006)
Logo do éxito de Un nicho para Marilyn,
Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no
inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha
trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres
na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais
realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955)
aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o
mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de
contar historias.(Galaxia)
0 comentarios:
Publicar un comentario