15.6.17

Onte tivemos a visita de Antón Riveiro para falar no club de lectura do último libro O vento ferido e deixounos este agasallo para para os usuarios da biblioteca. Grazas Antón pola visita e polo regalo.


A esfinxe de amaranto de Antón Riveiro Coello. Galaxia-Literaria. (2003)
A historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das súas mulleres.
O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector.
Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca.
A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade.
A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria. (editorialgalaxia.gal)
A min

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2017

A nosa biblioteca

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

Adolescencia (7) Agasalla cun préstamo (3) Amizade (51) Amor (49) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (18) Banda deseñada (45) Biblioteca (1) Botellón poético (1) Campañas (6) Ciencia (6) Ciencia ficción (21) Cine (21) Cine de animación (9) Club de lectura (31) Colaboracións alumnos (7) Colaboradores da biblioteca (7) Concursos (14) Conmemoracións (10) Consumo (3) Contos (9) Correlingua (2) Culturas (4) Curtas (4) Deporte (1) Detectives na biblioteca (13) Día da poesía (2) Día das bibliotecas (2) Día do libro (19) Discriminación (2) Documentais (6) e-Book (2) E. Ambiental (1) E. Moral e Cívica (10) E. para a saude (6) Ecoloxía (2) Educación emocional (1) Educación sexual (4) Emigración (3) Encontros con autores (18) Ensaio (3) Ensino público (3) Entroido (6) Espionaxe (7) Explotación infantil (1) Fantástico (7) Filosofía (4) Fomento da lectura (20) Fotos (1) Futbol (1) Guías (1) Guías de lectura (3) Haikus (1) Halloween (2) Historia (6) Histórico (19) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (4) Igualdade (16) Inglés (2) Internet (1) Intriga (11) Justicia (1) Letras galegas (266) Liberdade (3) Libros dixitais (3) Lingua (2) Literatura xuvenil (199) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (24) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (2) Mercado de libros (13) Misterio (22) Muller (10) Música (6) Narrativa (157) Paz (13) Poesía (249) Policíaco (35) Portugués (2) Prehistoria (1) Recomendacións de lectura (6) Relatos con banda sonora (10) Relixión (3) Salvando libros (1) San Valentín (10) Semana da poesía (7) Solidariedade (22) Superación (2) Suspense (12) Teatro (2) Terror (14) Tolerancia (18) Tradicións (9) Un ano de poesía (230) Viaxes (4) Violencia de xénero (16) Xeografía (1) Xogos populares (4)