
Algunhas persoas teñen anos de experiencia nesta tarefa, outras son recén chegadas ao centro, pero todas están interesadas en axudar @s compañeir@s e colaborar co profesorado nas distintas actividades que se realizan cada recreo dentro deste espazo no que ,durante este curso, queremos que o alumnado aprenda a pensar, como reza o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Tivemos coa rapazada unha reunión na semana pasada para explicar as tarefas e resolver dúbidas.((Faltaron algúns pero como xa son "veteranos" xa saben que facer).E xa empezaron as quendas o pasado venres e seguirán ata o remate do ano académico.
Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a disposición a colaborar , e o entusiasmo que detectamos neste grupo.Estamos seguros de que farán un gran traballo.
Grazas a tod@s el@s.
Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a disposición a colaborar , e o entusiasmo que detectamos neste grupo.Estamos seguros de que farán un gran traballo.
Grazas a tod@s el@s.
0 comentarios:
Publicar un comentario