Esta mañá de xoves, tivemos unha actividade de animación á lectura organizada polo Departamento de Lengua Castellana e a Biblioteca coa colaboración da editorial Edebé.
A rapazada, dirixida por Benjamín, opinou, reflexionou, creou, debuxou, escenificou...Foi un traballo co que pretendemos que teñan unha visión máis profunda sobre os títulos lidos e provocarlles un maior interés pola lectura.
Todos disfrutaron do encontro e , o profesorado, está satisfeito da actitude e colaboración dos alumnos/as ao tempo que cremos que a semente prenderá e nos dará unha primavera de lectores entusiastas.
0 comentarios:
Publicar un comentario