O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 visitounos o pasado mércores. Que luxo!! Comezamos sinalando isto por que é un premio moi importante para un home, un escritor moi importante pero que non se dá importancia. Antonio García Teijeiro chegou ao noso centro para, primeiro escoitar unha fermosa presentación do alumnado cun recitado de poemas seus (o que que xa lle deu idea do interese que temos pola poesía neste instituto). A continuación tomou a palabra o poeta e a nosa rapazada escoitaba coa arela de gardar para si todo o que García Teijeiro expresaba sobre a Triloxía do mar porque todo nel é poesía: a súa actitude, as súas palabras, o seu trato...Temos, todos os asistentes, tanto que aprender del!! Posteriormente abriuse a quenda de preguntas na que se falou de amores, deporte, publicacións, linguas, de poetas e poemas...da vida , en definitiva. E antes de proceder á sinatura dos exemplares que lle achegaron os alumnos /as recitounos un fermoso poema adicado aos ollos.
García Teijeiro afirmou ter estado ben a gusto no Lama das Quendas e subliñou que vía interese nas caras, que as olladas que percibía eran de curiosidade , vivas o que lle producía unha intensa felicidade.
Se el estivo ben, nós...que dicir?! Foi un auténtico pracer poder gozar da súa compañía. Agradecidos/as estamos. Quedamos, grazas ás súas palabras, máis sensibles, máis abertos , máis libres... Contraemos unha débeda con este home, poeta, escritor, profesor e , xa para nós, amigo. (Se cadra podémola saldar lendo e creando máis poesía...Ben seguro que, daquela, Antonio García Teijeiro se sentirá orgulloso de nós) .
FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS
FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica.(2011)
BIBLIOTECA LOVECRAFT 6.
En Leng, onde os picos rochosos se erguen agrestes e espidos
baixo estrelas frías vedadas á visión humana,
atrave…Read More
A boca da terra
A boca da terra de Manuel Rivas. Poesía-Xerais.(2015)
A d’A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruín…Read More
Poemar o mar
Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Merlín-Xerais.(2016)
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017
“Poemar o mar” é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con “En la cun…Read More
Niños raros
Niños raros de Raúl Vacas. El barco de vapor-SM. (2016)
Este libro contiene la mayor concentración de niños raros por página: Niño alga, Niña búho, Niña cacto, Niño díscolo, Niña de espuma, Niño frío, Niña de humo, Niñ…Read More
De todo corazón
De todo corazón. SM . (1998)
De todo corazón es una antología de poemas de amor de la literatura española. Está dividida en tres partes: la primera abarca casi todo el siglo XIX, con el Romanticismo y el Modernismo como …Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario