Todas as persoas descendemos dos nosos antepasados en África e, por tanto, somos o froito de múltiples movementos migratorios. Desde sempre os seres humanos víronse empuxados a trasladarse por motivos moi diferentes: desde o desexo de coñecer novos lugares, por amor, para compartir saberes ou habilidades ou para fuxir da fame, a guerra ou a persecución. Así se foron formando as diferentes culturas e así se foron constituíndo as nosas sociedades multiculturais actuais.
A diversidade cultural pode ser moi enriquecedora, pero ás veces tamén é fonte de problemas orixinados polo descoñecemento e os prexuízos. E é por iso que, para asegurar unha boa convivencia, non hai nada mellor que coñecer cos nosos fillos os nosos veciños e veciñas, tal e como propoñemos en “Todo o mundo!”.

0 comentarios:
Publicar un comentario