Xa disponíbel o segundo número de Quendas Estrañas, pequena homenaxe ao xénero pulp dende este recuncho da Galiza Profunda.
Nel pódense atopar debuxos e relatos feitos por alumnado do centro, dúas achegas en forma de poesía de Branca Trigo Cabaleiro e Adrián Maceda, madriña e padriño deste número logo do seu fantástico taller de poesía impartido na mañá do 22 de abril no Salón de Actos, así como un marabilloso texto da compañeira de Lingua Castelá e Literatura Isabel Alcántara Lobelle, quen se xubila este curso.
0 comentarios:
Publicar un comentario