Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría. López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.
2.3.23
Entradas relacionadas:
Ulises, James Joyce Eva Amazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle, tradución ao galego; José María Valverde, tradución ao castelán. Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a novela de James Joyce … Read More
Se o socialismo chegase, Retrospectio 2000-1887, Edward Bellamy (Tomás González Ahola, tradución)Se o socialismo chegase: Retrospectio 2000-1887 é un dos fitos da literatura americana, e á súa vez un exercicio de anticipación histórica e política sen precedentes. Foi a terceira novela máis vendida no seu tempo, un autént… Read More
Nena e o mar, Érica Esmorís Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado do… Read More
Antología poética de la generación del 27, VV. AA. Federico García Lorca, Carmen Conde, Luis Cernuda, Concha Méndez, Rafael Alberti, Elisabeth Mulder, Pedro Salinas… Los nombres que componen la llamada generación del 27 son esenciales para entender la historia de la poesía c… Read More
Noite de voraces sombras, Agustín Fernández Paz Sara, unha moza de dezaseis anos, relata o verán que pasou na casa da súa avoa, un tempo marcado pola descuberta das cartas, fotografías, diarios e libros de seu tío avó Ramón, un mestre republicano que viu frustrada a súa v… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario