“O problema cos roles de xénero é que prescribe como teriamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxinade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.” Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulleres. Neste libriño, a autora nixeriana ofrece unha definición singular do que significa ser feminista no século XXI, cun estilo claro e directo, sen deixar de lado o humor, ao tempo que dá pistas de como facer deste mundo un lugar máis xusto.
7.5.24
Entradas relacionadas:
Como aprendín a ler, Agnès DesartheAgnès Desarthe explica con humor a súa tortuosa relación coa lectura e como se resistiu a ela durante a infancia e a adolescencia, ata que, xa en plena universidade, deu co libro axeitado. Hoxe, a palabra escrita ou lida é o … Read More
Galeg@s da Habana, Ángela Oramas CameroGaleg@s da Habana conta a historia daqueles fillos e fillas de Galicia que viviron moito tempo, ou ficaron para sempre, na capital cubana asolagados na saudade. Moitos deixaron a súa pegada na sociedade habaneira durante a má… Read More
Feminismo de barrio, Mikki KendallO movemento feminista actual ten un punto cego, que, paradoxalmente, son as mesmas mulleres que o compoñen. A maioría das feministas non adoitan falar da satisfacción das necesidades básicas como unha cuestión feminista, pero… Read More
Hixabs e himes, Mona EltahawyA xornalista Mona Eltahawy non é allea á controversia. A través dos seus artigos e accións, loitou pola autonomía, a seguridade e a dignidade das mulleres musulmáns, atraendo seguidores e detractores. No seu primeiro libro, H… Read More
Historia do fútbol feminino en Galicia, Héctor J. PenaA publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era cousa de homes. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, res… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario