Cinza conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.
4.12.25
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.
En la vida de Milo no hay nada extraordinario; solo montañas, prados y cabras. Pero un día divisa un dragón sobrevolando el Pico Brumoso, y las leyendas que cuentan los ancianos de su aldea comienzan a hacerse realidad.
Entonces, sin saber bien cómo, se ve metido en una aventura llena de peligros y misterios junto a la enigmática Nivalan...
Hasta que empieza a brillar cuenta la historia íntima de María Moliner, partiendo de una atractiva premisa literaria: narrar de cuerpo entero a la protagonista a través de su vínculo con la lengua. A la vez, nos propone una sugerente hipótesis: ¿y si su diccionario fuese también una suerte de autobiografía oculta?
Esta es la vida novelada de una figura apasionante, retratada desde una infancia difícil hasta un final insospechado, pasando por su extraordinaria labor como bibliotecaria en la República o su polémica candidatura a la Real Academia.
É unha trepidante novela de acción e aventuras que transcorre en dous tempos paralelos: a actualidade e o século XVIII. Na costa galega, ao abeiro das súas marabillosas rías discorre o trama, a busca dun fabuloso tesouro perdido na batalla de Rande, historias de pecios afundidos en batallas de honor. Nada é comparable ás riquezas que viñeron das Indias, nas que só o nome é sinónimo de aventura, lingotes de ouro e prata, fervenzas de moedas e pedras preciosas.
No curuto do monte unha cacharela acesa ilumina as sombras baixo unha noite sen lúa. O mar bate infatigábel ao pé do mosteiro, no que o pequeno pobo de Santa María de Oia escoita e ve o que pasa tras das cortinas das xanelas e as portas pechadas, ás escuras e silentes, namentres soan disparos de fusil preto do cemiterio.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)










