No curuto do monte unha cacharela acesa ilumina as sombras baixo unha noite sen lúa. O mar bate infatigábel ao pé do mosteiro, no que o pequeno pobo de Santa María de Oia escoita e ve o que pasa tras das cortinas das xanelas e as portas pechadas, ás escuras e silentes, namentres soan disparos de fusil preto do cemiterio.





0 comentarios:
Publicar un comentario