O alumnado de 1° e 2° ESO leu a obra de Héctor Cajaraville Os Metrosiderais, ambientada na Coruña.
O alumnado participou nun roteiro literario guiado polo autor pola mañá, visitando os espazos exteriores da novela. Entre outros: a Praia das Amorosas, a igrexa de San José ou a comisaría da Policía Local de Montealto, onde puideron ver o metrosideo de máis de 400 anos, unha das Árbores Senlleiras de Galicia e nominada a Árbore do Ano.
Así mesmo, tiveron ocasión de entrar na Casa das Ciencias e no Planetario, espazos interiores presentes na obra. Neste último, divisaron o Triángulo do Verán, unha constelación presente na novela.
E por se fora pouco, na materia de Educación Plástica realizaron un proxecto sobre esta obra que consistiu en imaxinar un dos espazos e ilustralo.
Con esta actividade comezamos no IES Lama das Quendas a celebración da Semana das Letras.
12.5.26
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)





0 comentarios:
Publicar un comentario