16.2.23
31.1.23
Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.
Os últimos anos foron cruciais na recuperación da memoria, mais houbo unha peza que permaneceu na penumbra, que non permitiu que os nomes das protagonistas tivesen o recoñecemento debido: as mulleres perseguidas polo franquismo. Foron por elas, primeiro volume da colección, recolle os perfís, publicados no Sermos Galiza, de moitas desas perseguidas cuxas biografías permanecían agochadas: mestras, actrices, empresarias, sindicalistas...
A Pardo de Cela, a dona Constanza e a Fernán Ares de Saavedra tocoulles viviren a cabalo de dúas etapas do medievo: a propiamente medieval, en que o poder feudalista imperaba en toda Galiza, onde os señores, pequenos reis nos seus territorios, residían nos seus castelos e exercían a súa propia xurisdición civil e criminal sobre vidas e facendas. Eran donos e señores de «forca e coitelo»; e unha segunda etapa, en que se comeza a derrubar todo o sistema feudalista señorial da época anterior e se poñen os cimentos do estado moderno, debido á política unificadora dos Reis Católicos, na que concretamente é degolado o Mariscal, morre dona Constanza en plena loita contra as tropas do reino de Castela e a Fernán Ares véndeselle todo o seu patrimonio familiar.
A pretensión de Vía Galega, con esta publicación, é popularizar e divulgar os nosos símbolos nacionais, coñecer a súa historia e significado. Pór ao dispor de toda a sociedade e das distintas organizacións, asociacións, agrupacións e entidades de todo tipo a bandeira e o himno musicado coa letra restaurada. O himno e a bandeira represéntannos e identifícannos como Nación. Son a expresión do ser colectivo e da nosa existencia como Pobo e do dereito a existir libremente.
Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.
27.1.23
24.1.23
Cando a tía Aixa chega á casa dos seus sobriños, ningún deles pode sospeitar que exista un xeito de vivir unha historia de aventuras máis alá da videoconsola. Pero a tía ensínalles os xogos de rol, onde só precisan a súa imaxinación, que os levará ao século XVIII. Alí, en plena época dourada da pirataría, acompañarán a Tru’an, Kack’tar, Mario, Antonio e Botas nunha aventura digna do máis temíbel dos piratas.
Un cativo descobre na biblioteca da súa defunta avoa un libro que narra as aventuras do Cabaleiro de Prata. Este intrépido loitador, na compaña do seu fiel escudeiro, debe percorrer as terras que fagan falta, axudando a quen o precise, até descubrir o seu propio reino. Na súa xesta, atravesará torres, cidades e illas cheas de maxia. Co fin de cumprir a profecía que marca o seu destino, tamén se enfrontará a dragóns, magos, encantadoras, xigantes e mesmo a outros cabaleiros que non sempre son o que aparentan.
Los Reinos de él Ajedrez’ es un cómic con temática de ajedrez en el que viajaremos a través del espacio tiempo para ver en primera persona las batallas más apasionantes vividas y protagonizada por unas piezas animadas muy locas y divertidas. Las historias aquí contadas son historias reales que transcurren sobre las 64 casillas.
Este cómic no te enseñará a jugar a un de los juegos más antiguos de la humanidad, sino que mostrará el dinámico y divertido que es el ajedrez, ilustrando partidas y jugadas reales de una forma diferente.
Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero trabucáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive aínda hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis Joplin, Led Zeppelin, Ramones, Queen, Blondie, Bruce Springsteen e Joan Jett, entre moitos outros que completan estas páxinas. Son as portas de entrada para as novas xeracións a un mundo fascinante.
Manuel Antonio e mais nós é unha obra homenaxe a Manuel Antonio, un dos persoeiros principais da historia cultural de Galicia do século XX.
A publicación configúrase como unha obra colectiva, na que unha pluralidade de voces e puntos de vista cualificados reúnense para iluminar o legado literario, intelectual e político deste xenial rianxeiro, autor do manifesto íMáis alá! e do libro De catro a catro; fitos claves para explicar a cultura contemporánea da nosa terra.
18.1.23
Dende as aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato do profesor X. Carlos G. Freire o alumnado anda a promocionar o patrimonio paisaxístico e monumental chantadino. Un traballo fantástico!
https://www.youtube.com/@LamadasQuendas22-23/featured
https://www.youtube.com/@LamadasQuendas22-23/featured
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















